Fernando Alonso (compositor)

Fernando Alonso, nado o 16 de abril de 1961 na Coruña, é un compositor galego.

Infotaula de personaFernando Alonso
Biografía

Traxectoria

editar

Fernando Alonso naceu na Coruña en 1961, aos nove anos ingresou no Conservatorio da Coruña, onde cursou estudos de piano ata o curso 1982-83, cando finalizou o grao profesional. Posteriormente trasladouse a Madrid, onde ampliou a súa formación Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Ángel Botia (Formas Musicais), Francisco Calés (Contrapunto e Fuga), Luís de Pablo (Técnicas Contemporáneas) e Antón García Abril (Composición), obtendo o título de Profesor superior de Solfexo e Teoría da Música en 1987.

Foi profesor das materias Historia da Música, Historia da Arte, Estética musical e Acústica no Conservatorio Profesional de Música de Madrid durante o curso 1987-88. Hoxe en día é profesor numerario de Ensino Secundario pola materia de Música.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar