Fernando Álvarez de Miranda
Fernando Álvarez de Miranda y Torres, nado en Santander o 14 de xaneiro de 1924 e finado o 7 de maio de 2016,[1] foi un político español.
Traxectoria
editarProfesor de dereito procesal na Universidade Complutense de Madrid. De ideoloxía democristiá e monárquica, foi deportado a Fuerteventura polo réxime franquista tras asistir ó Congreso de Múnic (1962). Membro do Consello Privado de Don Xoán (1964). Durante a transición española fundou o Partido Popular Demócrata Cristián que como Partido Demócrata Cristián se integrou na UCD, coa que foi presidente do Congreso dos Deputados (1977-1979), foi tamén embaixador no Salvador (1986-1989) e Defensor do Pobo (1994-1999).
Notas
editar- ↑ "Fallece Fernando Álvarez de Miranda, histórico de UCD y la Transición española". abc.es (en castelán). 8-5-2016. Consultado o 11-4-2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Álvarez de Miranda |
Predecesor: Álvaro Gil-Robles |
Defensor do Pobo de España 1994 - 1999 |
Sucesor: Enrique Múgica |