Fernán Pérez de Traba

Conde de Galiza, Trastámara e Traba

Fernán Pérez de Traba[1][2] (ou Fernan Peres de Trava, como se escribía na época) foi un nobre galego do século XII, Conde de Traba e de Trastámara. Foi líder da nobreza galaico-portuguesa e titor de Fernando II de León e Galicia.

Modelo:BiografíaFernán Pérez de Traba

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1090 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Galicia, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de novembro de 1155 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Galicia, España Editar o valor en Wikidata
Conde de Galicia
Conde de Trastámara
Conde de Traba
Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Traba Editar o valor en Wikidata
CónxuxeSancha González Editar o valor en Wikidata
ParellaTareixa, condesa de Portugal Editar o valor en Wikidata
FillosMaría Fernández de Traba
 () Sancha González
Tareixa Fernández de Traba
 () Sancha González
Gonzalo Fernández de Traba
 () Sancha González Editar o valor en Wikidata
PaisPedro Froilaz de Traba Editar o valor en Wikidata  e Urraca Froilaz de Traba Editar o valor en Wikidata
IrmánsBermudo Pérez de Traba
Rodrigo Pérez de Traba Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1186668 WikiTree: Pérez-6218
Vermudo Peréz de Traba, irmán de Fernán. Tombo de Toxos Outos.

Traxectoria

editar

Levantamento galaico-portugués

editar

Pertencente á estirpe máis poderosa do Reino de Galicia, era fillo de Pedro Froilaz de Traba. Participou na revolta galaico-portuguesa liderada polo seu pai contra Urraca de León. Tal levantamento, producido en 1116, facíase en alianza con Tareixa de Portugal. Pretendían os insurxentes defender os dereitos do coroado rei de Galicia Afonso Raimúndez, o futuro Afonso VII, así como garantir a autonomía do condado portucalense fronte á raíña leonesa.

Os triunfos de Vilasobroso e Lanhoso selaron a alianza entre os Traba e Tareixa de Portugal. Fernán Pérez de Traba pasou así a gobernar Porto e Coímbra e a asinar importantes disposicións e documentos conxuntamente con Tareixa de Portugal.

Adiantado de Afonso VII

editar
 
Signo ou sinal rodado de Fernán Pérez de Traba.

Á morte de Urraca, erixiuse nun dos baluartes do rei Afonso VII no Reino de Galicia. Tanto foi así que se lle confiou a tarefa de ser preceptor do seu fillo, o futuro Fernando II de León e Galicia. A Crónica Latina de Castilla considera que a súa influencia foi determinante para que no testamento de Afonso VII de Galicia e León se separasen de Castela e Toledo. Xa antes da morte de Afonso VII, aparece coasinando documentos co Príncipe Fernando, aparecendo co título de rex.

Derrota en Portugal

editar
 
Fernán Pérez de Traba, imaxinado por Alfredo Roque Gameiro.

Tareixa exerceu a rexencia durante a minoría de idade do seu fillo Afonso Henriques, o primeiro monarca portugués. Este aglutinou os cabaleiros portugueses e o apoio da Igrexa de Braga contra o dominio de Fernán Pérez de Traba e a súa propia nai. Estes últimos acabaron sendo derrotados na batalla de San Mamede (1128) cando pretendían facerse coa soberanía do espazo galaico-portugués. Determinada historiografía portuguesa fai desta batalla o nacemento da súa nación.

Liderado en Galicia

editar

A partir dese momento concentra a súa influencia na Galicia propiamente dita, asinando como Comes Fernandus de Gallecie. Aquí realiza un labor de apoio aos mosteiros cisterciences, podéndoselle atribuír a refundación do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Disputou o seu liderado sobre o Reino de Galicia co arcebispo de Santiago de Compostela Diego Xelmírez, con quen mantivo un tenso entendemento.

Labor militar

editar

Comanda as tropas galegas ao servizo do monarca Afonso VII o Emperador nas súas incursións contra os almohades. As crónicas salientan o seu valor na conquista de Almería.

Defendeu o val do Miño a duras penas contra as acometidas de Afonso Henriques ata a paz de Zamora de 1143. Serviu en varias campañas andaluzas, a da toma de Córdoba (1146) e Almería (1147)

Coñécenselle dúas estadías en peregrinación á Terra Santa ao fío da segunda cruzada. Cedeu terreos aos templarios na actual costa coruñesa. Foi introdutor desta orde militar no Reino de Galicia.

Pervivencia

editar

Morto probablemente en 1161, recibiu sepultura no mosteiro de Sobrado dos Monxes. A súa neta Sancha (filla do conde Nuño de Lara e da súa filla Tareixa Fernández) casou con Fernando II. Os seus descendentes mantiveron o seu protagonismo na corte de León. A súa irmá, Estefanía Pérez de Traba, contraería matrimonio con Rodrigo Fernández de Castro, da familia, os Castro, que non tardaría en tomar o relevo dos Traba no seu dominio de Galicia.

Fernán Pérez de Traba
Nacemento: 1090 Falecemento: 1155


Aristocracia galega
Precedido por
Pedro Froilaz de Traba


Conde de Traba e Trastámara
1128 – 1155
Sucedido  por
Gonzalo Fernández de Traba
Precedido por
Pedro Froilaz de Traba


Conde de Galiza
1128-1155
Sucedido  por
Gonzalo Fernández de Traba

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar