Fermina Oliva Ocaña

Fermina Oliva Ocaña, nada en Uclés (Cuenca) o 12 de outubro de 1872[1] e finada en Madrid o 28 de marzo de 1969, foi unha dos dez pasaxeiros españois que embarcaron no famoso transatlántico RMS Titanic en abril de 1912. Fermina Oliva era a dama de compañía do millonario matrimonio español conformado por Víctor Peñasco Castellana (finado a bordo do barco) e a súa dona María Josefa Pérez de Soto Vallejo Peñasco (que sobreviviu ao afundimento, e finou en 1972 aos 83 anos).[2]

Infotaula de personaFermina Oliva Ocaña
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1872 Editar o valor em Wikidata
Cuenca, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de marzo de 1969 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
10 de abril de 1912-15 de abril de 1912viaxe de inauguración do RMS Titanic Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cando era moi nova Fermina marchou da súa vila natal e cara a Madrid, para axudar á súa familia.[1] Alí, estableceuse como modista e máis tarde ofrecéronlle ser a dama de compañía do matrimonio Peñasco, durante a súa viaxe de noivos.[1] Os Peñasco casaron en 1910 e querían realizar unha luxosa lúa de mel que duraría máis de dous anos.

A bordo do Titanic editar

O 10 de abril de 1912 en Cherburgo, Fermina Oliva embarcou no Titanic xunto cos Peñasco.[3] O matrimonio e Fermina ocupaban tres camarotes de primeira clase. A noite do afundimento, Fermina atopábase no seu camarote cosendo o seu corsé e non podía conciliar o soño.

Pouco antes da medianoite do 15 de abril de 1912, Fermina notou a sacudida provocada polo choque do transatlántico co iceberg. Ao pouco tempo Víctor acudiu a chamala, e subiu co matrimonio a cuberta, onde lles dixeron que o accidente non se trataba de nada grave. Pero o tempo pasaba e, pasada a medianoite, comezaron a baixar os primeiros botes salvavidas. Josefa subiu no bote nº 8, pero Víctor cedeulle o seu sitio a unha muller de terceira clase cun bebé en brazos. O bote comezou a baixar, e Fermina, presa do medo de estar nun buque afundíndose e rodeada de xente que non falaba o seu idioma, empezou a chorar e a gritar, ante o cal un oficial arroxouna ao bote, onde se reuniu coa súa señora.

Na mañá do día 15 de abril, Fermina e a súa señora subiron a bordo do RMS Carpathia.

Últimos anos editar

Logo desa experiencia, Fermina Oliva non quixo volver falar deste triste feito, e volveu á súa vida de costureira, na súa casa da rúa Regueros de Madrid, que máis tarde convertería nunha pensión. Sempre foi solteira e non tivo fillos. Faleceu o 28 de marzo de 1969, á idade de 96 anos,[3] e foi soterrada no Cemiterio de La Almudena.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Una madrileña superviviente del Titanic. Revistamadridhistorico.es.
  2. Los diez españoles del Titanic. 20minutos.es.
  3. 3,0 3,1 Doña Fermina Oliva y Ocana. Encyclopedia-titanica.org.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar