Fermín Gutierrez Lada

guerrilleiro antifranquista

Fermín Gutierrez Lada, coñecido como Segura, nado en La Zorera (Sama de Langreu) en 1916 e finado en Argozón (Chantada) o 10 de outubro de 1953, foi un guerrilleiro antifranquista.

Fermín Gutierrez Lada
AlcumeSegura
Nacemento1916
 Sama
Falecemento10 de outubro de 1953
 Argozón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

A finais dos anos corenta era membro do destacamento Santiago Carrillo da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia comandado por Evaristo González Pérez. O 20 de abril de 1949 no lugar do Piricallo milicianos do destacamento foron sorprendidos por un destacamento de 60 gardas civís de Lugo e Ponferrada, orixinándose un combate que tivo como resultado a morte de catro guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", Gregorio Colmenero Fernández "Porreto" de Torbeo e Julián Acebo Alberca "Guardiña". Fermín conseguiu fuxir e converteuse nun guerrilleiro solitario. O 10 de outubro de 1953, cercado pola Garda Civil en Argozón (Chantada), suicidouse.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar