Feria de La Chinita

A Feria de La Chinita é o nome dunha festa de orixe relixiosa que ten lugar cada ano durante tres días, do 17 ao 19 de novembro, principalmente na cidade venezolana de Maracaibo, aínda que tamén cobre outras partes do Estado de Zulia. Nesta festa celébrase o milagre da Virxe de Chiquinquirá, patroa do estado de Zulia, cuxa festividade é observada pola Igrexa Católica cada 18 de novembro.

Imaxe origxnal da Virxe de Chiquinquirá, tal como se conserva na basílica do mesmo nome.

Tradición editar

A tradición di que nas marxes do Lago de Maracaibo apareceu unha pequena placa que atopou unha vella muller que a levou para a súa casa. Transcorridos poucos días, o 18 de novembro de 1709, a vella escoitou varios golpes na parede da súa casa sobre a que colgara a pequena táboa. Nun principio ignorou estes golpes, pero como eran cada vez máis insistentes, decidiu achegarse ao lugar de onde proviñan e ao facelo decatouse de que que na superficie da táboa aparecera unha imaxe refulxente da Virxe de Chiquinquirá. En vista deste fenómeno, a vella saíu á rúa e comezou a berrar: "milagre, milagre."

A muller relatou a historia aos veciños locais, que comezaron a adorar esta advocación da Virxe. Posteriormente, decidiuse construír un monumento á Virxe no lugar exacto onde se atopaba a casa desa muller; fronte á Basílica de Nosa Señora de Chiquinquirá.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar