Abrir o menú principal

Ferdinand Christian Baur, nado en Fellbach o 21 de xuño de 1792 e finado en Tubinga o 2 de decembro de 1860, foi un teólogo protestante alemán, líder da escola de Tübingen de teoloxía.

Ferdinand Christian Baur
FerdinandChristianBaur.jpg
Nacemento21 de xuño de 1792
 Fellbach
Falecemento2 de decembro de 1860
 Tubinga
NacionalidadeAlemaña
Relixióncristianismo
Alma máterUniversidade de Tubinga
Ocupaciónteólogo, historiador da igrexa e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en Schmiden, preto de Canstatt. Estudou no seminario de Blaubeuren e despois na Universidade de Tübingen, nun primeiro momento baixo a influencia da antiga escola de Tübingen, pero a influencia dos filósofos Immanuel Fichte e Friedrich Schelling xa se comezaba a facer notar. En 1817 volta ao seminario de Blubeuren como profesor. En 1824 publicou o seu primeiro traballo importante Symbolik und Mythologie oder die Naturreligion des Altertums ("O simbólico e a mitloxía na relixión natural dos antigos"), xa cunha forte influencia de Schelling e sobre todo de Friedrich Schleiermacher e por mor del chamárono para dar clases en Tübingen como profesor de teoloxía. Por esa época adoptou a filosofía hegeliana da historia e estudou a historia do cristianismo e das doutrinas da Biblia dende ese punto de vista, rexeitou a autenticidade de moitos libros bíblicos empregando técnicas literarias e filosóficas. En 1831 publicou Das manichäische Religionssystem ("O sistema relixioso maniqueo") e en 1835 Die christliche Gnosis ("Gnose cristiá") e Uber das Christliche im Platonismus oder Socrates und Christus ("A cristianidade no platonismo: Sócrates e Cristo") en 1837.

{{ORDENAR:Baur, Ferdinand Christian]]