Fenómenos de transporte
Denomínase Fenómenos de transporte á parte da Física que estuda os mecanismos de transferencia de materia, enerxía e cantidade de movemento. Malia semellaren diferentes, o transporte destas magnitudes é susceptible, polo menos en parte, dunha análise física e matemática común a todos eles.
Os Fenómenos de transporte divídense habitualmente en transporte molecular e transporte convectivo.