Feminismo ateo

póla do feminismo

Feminismo ateo é un movemento que defende o feminismo dentro do ateísmo. As ateístas feministas condenan a relixión como fonte principal de opresión das mulleres e desigualdade, crendo que a maioría das relixións son sexistas e opresivas para as mulleres.[1]

Historia

editar

Ernestine Rose

editar
 
Ernestine Rose era unha feminista e atea.

A primeira feminista coñecida como atea foi Ernestine Rose, nada en Polonia o 13 de xaneiro de 1810.[2] A súa confesión aberta de descrenza no xudaísmo, cando ela era unha adolescente, púxoa en conflito co seu pai (que era un rabino) e desenvolveu unha relación desagradábel.[2] A fin de forzala as obrigacións da fe xudaica, o seu pai, sen o seu consentimento, buscoulle un prometido xudeu cando tiña dezaseis anos.[2] No canto de discutir o caso nun tribunal xudeu, foi a un tribunal secular, clamou polo seu caso e gañou. En 1829, foi a Inglaterra, e en 1835, foi unha das fundadores da Association of All Clases of All Nations, asociación atea británica que avogaba polo " dereitos humanos para todas as persoas, independentemente de sexo, clase, cor ou nacionalidade." Ensinou en Inglaterra e nos Estados Unidos (mudándose alí en maio de 1836) e foi descrita por Samuel Putnam III como "unha das mellores profesoras do seu tempo." El escribiu que "ningún home ortodoxo (no sentido relixioso) podería gañarlle en debate".

  1. "Does God Hate Women?". New Statesman. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Rose, Ernestine. "A Troublesome Female". theists.org. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2010. Consultado o 25 de novembro de 2010.