Federico Krutwig
Federico Krutwig, nado en Getxo o 15 de maio de 1921 e finado en Bilbao o 15 de novembro de 1998, foi un escritor e político vasco.
Federico Krutwig | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Fernando Sarrailh de Ihartza e Heiko Sagredo de Ihartza |
Nacemento | 15 de maio de 1921 |
Lugar de nacemento | Getxo |
Falecemento | 15 de novembro de 1998 |
Lugar de falecemento | Bilbao |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor, político e académico |
Coñecido por | Vasconia: Estudio dialéctico de una nacionalidad |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
De pai alemán e nai vasca de orixe veneciana aprendeu éuscaro na adolescencia de forma autodidacta. En 1943 ingresou na Euskaltzaindia (Academia da Lingua Vasca). Partidario de normalización do éuscaro a partir do labortano por ser o dialecto máis usado na literatura.
En 1952 no discurso de contestación á entrada de Luis Villasante pronunciouse contra a actitude da igrexa coa lingua vasca e días despois tivo que deixar España pasando a Iparralde onde contactou co movemento Jagi. Influído pola revolta alxeriana en 1963 publicou o libro Vasconia baixo o sobrenome de Fernando Sarrailh de Ihartza,, onde cuestiona algúns aspectos do nacionalismo tradicional de Sabino Arana, propoñendo un novo nacionalismo vasco nunha Euskadi que comprendería o territorio entre o Ebro e o Garona e móstrase a favor da loita armada contra España.
Colaborou con EGI e en 1964 Francia expúlsao e instálase en Bruxelas relacionándose con membros de ETA e elaborando informes para a V Asemblea desa organización. Considerado o seu primeiro ideólogo, non obstante abandonou ETA en 1975 e estableceuse en Zarauz, dedicándose en exclusiva á produción literaria.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Federico Krutwig |