Frederico Guillerme III de Prusia

rei de Prusia
(Redirección desde «Federico Guillerme III de Prusia»)

Frederico Guillerme III de Prusia,[1] nado en Potsdam o 3 de agosto de 1770 e finado en Berlín o 7 de xuño de 1840, foi o quinto rei de Prusia, cargo que ostentou dende 1797 ata a súa morte.

Frederico Guillerme III de Prusia
Rei de Prusia e Elector de Brandeburgo

ReinadoElector: 1797 - 1806
Rei: 1797 - 1840
Nacemento3 de agosto de 1770
Potsdam, Reino de Prusia
Falecemento7 de xuño de 1840
(69 anos)
Berlín, Reino de Prusia
PredecesorFrederico Guillerme II
SucesorFrederico Guillerme IV
ConsorteLuísa de Mecklemburgo-Strelitz
DescendenciaPríncipe Frederico Guillerme
Príncipe Guillerme
Princesa Carlota
Príncipe Carlos
Princesa Alexandrina
Princesa Luísa
Príncipe Alberte
ProxenitoresFrederico Guillerme II
Frederica Luísa de Hesse-Darmstadt

Na rede
Musicbrainz: 1f56b08a-a67a-4ded-9074-7bdcdbc5e0b4 Discogs: 910681 WikiTree: Hohenzollern-59 Find a Grave: 72456601 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Casou con Luísa de Mecklembourg-Strelitz en 1793. Seis anos despois, en 1797, foi coroado rei de Prusia. Como monarca tivo que enfrontarse a moitas adversidades, coma o déficit do Estado e o imperialismo de Napoleón Bonaparte.

Unión das Igrexas de Prusia editar

Frederico Guillerme propúxose unificar as igrexas protestantes, para homoxeneizar a súa liturxia, a súa organización e incluso a súa arquitectura. O reto a longo prazo era centralizar o control real de todas as igrexas protestantes na Unión Prusiana de Igrexas. Tras varios anos creouse a Igrexa da Unión Prusiana, xuntando a maioría dos grupos luteranos e algúns protestantes reformados minoritarios.[2]

En 1824, Frederico Guillerme III casou de novo morganaticamente coa condesa Augusta von Harrach, princesa de Liegnitz, con quen non tivo descendencia.[3]

Finou o 7 de xuño de 1840 en Berlín. O seu fillo máis vello, Frederico Guillerme, sucedeuno no trono.[3]

Matrimonio e fillos editar

O 24 de decembro de 1793 casou con Luísa de Mecklemburgo-Strelitz, auténtica heroína antinapoleónica aínda hoxe en Alemaña. Tiveron os seguintes fillos antes da prematura morte da raíña en 1810:

 
Luísa de Mecklemburgo-Strelitz, esposa de Frederico Guillerme III.

Devanceiros editar

Notas editar

  1. "Frederico na Guía de nomes da RAG". academia.gal. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  2. Christopher Clark, "Confessional policy and the limits of state action: Frederick William III and the Prussian Church Union 1817–40." Historical Journal 39.#4 (1996) pp: 985-1004. in JSTOR
  3. 3,0 3,1 Feldhahn, Ulrich (2011). Kunstverlag Josef Fink, Lindenberg, ed. Die preußischen Könige und Kaiser (German). pp. 17–20. ISBN 978-3-89870-615-5. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Clark, Christopher. "Confessional policy and the limits of state action: Frederick William III and the Prussian Church Union 1817–40." Historical Journal 39.#4 (1996) pp: 985-1004. in JSTOR
  • Thomas Stamm-Kuhlmann: König in Preußens großer Zeit. Friedrich Wilhelm III., der Melancholiker auf dem Thron. Siedler, Berlin 1992.
  • Dagmar von Gersdorff: Königin Luise und Friedrich Wilhelm III. Eine Liebe in Preußen. Rowohlt, Reinbek 2001. ISBN 3-499-22615-4.
  • Claudia von Gélieu, Christian von Gélieu: Die Erzieherin von Königin Luise. Salomé de Gélieu. Regensburg 2007, ISBN 978-3-7917-2043-2.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Frederico Guillerme II
 
Rei de Prusia

1797 - 1840
Sucesor:
Frederico Guillerme IV