Federación Rural Galega

A Federación Rural Galega, FRUGA, é un sindicato agrario galego creado en 2009 coma unha escisión do Sindicato Labrego Galego.

Federación Rural Galega (FRUGA)
Sindicato agrario de Galiza
LOGO FRUGA.PNG
Historia
Fundación2009
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Esquerda política
Outros datos
Na rede
www.fruga-galiza.org

HistoriaEditar

A FRUGA foi creada por unha escisión do Sindicato Labrego Galego que quería aumentar os vínculos deste co BNG e a Unión do Povo Galego[1]. A federación está bastante ben implementada nalgúns sectores, en especial entre os produtores lácteos[2].

IdeoloxíaEditar

O sindicato é de ideoloxía nacionalista e esquerdista, estando moi unido ao BNG, Confederación Intersindical Galega e Unión do Povo Galego e á liña política destas organizacións. A FRUGA tamén apoia o cooperativismo, a soberanía alimentaria, o feminismo, a independencia e soberanía de Galiza[3] e o ecoloxismo. Tamén é membro fundador da Alianza Rural Galega, que loita contra os proxectos de megaminaría en Galiza[4].

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar