Federación Deportiva de Estudantes de Delft

A Federación Deportiva de Estudantes de Delft (en neerlandés: Delftse Studenten Sport Federatie - DSSF-) é o consello de estudantes pertencente á Universidade de Tecnoloxía de Delft, nos Países Baixos, que se encarga da xestión do club deportivo desta universidade. A súa sede está situada no centro deportivo e cultural da TU Delft.[1][2] Do mesmo xeito que os consellos deportivos estudantís doutras moitas universidades dos Países Baixos, o DSSF está afiliado á federación nacional Studentensport Nederland.

Federación Deportiva de Estudantes de Delft
Tiposen etiquetar
SedeDelft
PaísPaíses Baixos
editar datos en Wikidata ]

Cada ano, a DSSF envía os seus equipos para participar, entre outras competicións, no Gran Campionato de Estudantes dos Países Baixos (Groot Nederlands Studenten Kampioenschap -GNSK-), que en 2008 se orgazizou na cidade de Delft, e no Batavierenrace (unha carreira de remudas de 185 quilómetros que ten lugar anualmente en abril, entre as universidades de Nimega e de Twente, en Enschede, que atravesa territorio alemán).[3][4]

Notas editar

  1. Definición da DSSF[Ligazón morta] na Unionpedia. (En neerlandés)
  2. A DSSF Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine. no directorio de asociacións da Universidade de Tecnoloxía de Delft. (En neerlandés)
  3. Información no sitio web da GNSK. (En nerrlandés)
  4. Información no sitio web de Batavierenrace. (En neerlandés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar