Fe Rodríguez Rocha
Fe Rodríguez Rocha, nada en Barreiros en 1946, é unha política galega do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1946 (77/78 anos) Barreiros, España |
Alcaldesa de Barreiros | |
1989 – 1999 ← José María López Noceda – Vidal Martínez-Sierra López → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Lourenzá |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Membro de |
Traxectoria
editarCon 17 anos obtivo o título de profesora de corte e confección. Despois fixo o bacharelato nun instituto da Coruña. En 1970 fixou a súa residencia en Lourenzá onde foi presidenta da xunta local de Alianza Popular. Nas municipais de 1983 foi elixida concelleira e nomeada primeira tenenta de alcalde. Cando o alcalde José María López Noceda foi elixido parlamentario, Fe foi elixida alcaldesa. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 volveu obter maioría absoluta. Foi deputada provincial dende 1999 desempeñando a área de servizos sociais e dende 2003 percibiu dedicación exclusiva.[1] En 2011 abandonou a política activa.[2]
Notas
editar- ↑ Redacción (2003-09-27). "La popular Fe Rodríguez Rocha cobrará por su dedicación exclusiva en la Diputación". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-05-28.
- ↑ Redacción (2011-04-09). "Fe Rodríguez deja la política tras 28 años y va de forma testimonial en la lista del PP". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-05-28.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 276. ISBN 84-85311-96-5.
Outros artigos
editar
Predecesor: José María López Noceda |
Alcaldesa de Lourenzá 1989 - 1999 |
Sucesor: Vidal Martínez-Sierra López |