Abrir o menú principal

Faustino Rodríguez-San Pedro

político español
(Redirixido desde "Faustino Rodríguez San Pedro")

Faustino Rodríguez-San Pedro Díaz-Argüelles[1], nado en Xixón o 30 de xuño de 1833 e finado na mesma cidade o 10 de xaneiro de 1925, foi un avogado e político español. Foi ministro de Facenda, ministro de Estado e ministro de Instrución Pública e Belas Artes durante o reinado de Afonso XIII .

Faustino Rodríguez-San Pedro
Faustino Rodríguez-San Pedro

5 de outubro de 1890 – 26 de novembro de 1891

25 de marzo de 1903 – 20 de xullo de 1903

5 de decembro de 1903 – 16 de decembro de 1904

5 de decembro de 1903 – 16 de decembro de 1904

Datos persoais
Nacemento 30 de xuño de 1833
Xixón, España España
Falecemento 10 de xaneiro de 1925
(91 anos)
Xixón, España España
Cónxuxe/s María del Carmen Alvargonzález y Menéndez
Profesión Avogado e político

TraxectoriaEditar

Cursou os estudos de Dereito na Universidade de Oviedo, para exercer logo como avogado nesta mesma cidade e trasladarse máis tarde a Madrid, onde o seu despacho alcanzou un gran renome. Deputado por Alacant nas eleccións de 1884, nos procesos electorais celebrados entre 1886 e 1898 obtería escano pola circunscrición de Cuba. En 1899 pasou ao Senado como senador vitalicio, chegando a ser vicepresidente de dita cámara.

O 5 de outubro de 1890 converteuse en alcalde de Madrid, sendo a súa principal achega á cidade a creación do parque da Elipa.

Foi ministro de Facenda entre o 25 de marzo e o 20 de xullo de 1903 nun gabinete Silvela.[2] Posteriormente, entre o 5 de decembro de 1903 e o 16 de decembro de 1904, foi ministro de Estado nun goberno deMaura,[3] e finalmente, entre o 25 de xaneiro de 1907 e o 21 de outubro de 1909,[4] foi ministro de Instrución Pública e Belas Artes no coñecido como «goberno longo» de Maura.

Foi profesor da Universidade Central de Madrid, académico da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, presidente da Unión Ibero-Americana durante cuxa presidencia creou o denominado entón Día da Raza, desde 1987 Festa Nacional de España. Foi tamén presidente do Consello de Administración dos Ferrocarrís do Norte.

É bisavó do ex-vicepresidente do goberno e ex-presidente do Fondo Monetario Internacional Rodrigo Rato e do conselleiro de Sanidade do Goberno de Asturias José María Navia-Osorio García-Braga.

Títulos e condecoraciónsEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar