Abrir o menú principal

Faustino Álvarez Álvarez

empresario, comerciante e político galego

Faustino Álvarez Álvarez, nado en Gondomar e finado en 1994, foi un empresario, comerciante e político galego.

Faustino Álvarez Álvarez
 Gondomar
Falecemento1994
 Gondomar
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Foi tenente de alcalde no concello de Gondomar e concelleiro no de Vigo; deputado provincial de Pontevedra; presidente do sindicato téxtil; presidente da Federación Galega de Atletismo (1944-1947);[1] vicepresidente e presidente, sucesivamente, do Real Club Celta; e presidente da Cámara Oficial da Propiedade Urbana de Vigo.

RecoñecementosEditar

En 1989 obtivo o galardón de Vigués distinguido e unha rúa da cidade de Vigo leva o seu nome.

NotasEditar

  1. "Presidentes da Federación Galega de Atletismo". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 23 de marzo de 2016. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar