Fatu Huku é unha illa das Marquesas, na Polinesia Francesa. Está situada no grupo sur do arquipélago, incluída na comuna de Hiva Oa que se atopa a 20 km ao sur.

Fatu Huku
Fatu Huku desde Hiva Oa
Localización
Localización
Situación
PaísFrancia
Colectividade de ultramarPolinesia Francesa
ArquipélagoIllas Marquesas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas9°26′S 138°55′O / -9.433, -138.917
Xeografía
Superficie1´3 km²
Punto máis alto361 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Xeografía editar

A illa é pequena e está deshabitada, cunha superficie de 1´3 km². Consiste nun plano elevado de 361 metros de altitude. Unha lenda explica que antes era unha illa fértil e verde. Tanaoa, deus dos pescadores, virou a illa enteira e así se explica a existencia de coral no centro da illa.

Historia editar

Fatu Huku foi descuberta polo inglés James Cook en 1774. Denominouna Hood, nome do mariñeiro de 16 anos que foi o primeiro en vela, Alexander Hood.