Comida rápida

(Redirección desde «Fast food»)

A comida rápida (calco lingüístico do inglés fast food) é o nome xenérico dado ao consumo de alimentos que poden ser preparados e servidos nun intervalo pequeno de tempo. Aplícase comunmente á comida vendida en estabelecementos asociados ás grandes redes de alimentación. O mesmo alimento, que por veces é vendido como comida rápida, pode ser consumido en restaurantes.

Comida rápida.

Produtos editar

Considéranse comida rápida os seguintes:

Definición editar

A comida rápida, en contra do que se pensa comunmente, non é un invento recente estadounidense, senón que existe dende fai moitos anos, adaptada ás costumes das diferentes zonas xeográficas. Este produto contén determinadas características polas que resulta tan atractivo, entre as que se atopan a rapidez, a diversidade, a comodidade e o seu baixo custo. Ademais, normalmente este tipo de comida é agradable ó padal e posúe unha capacidade de saciedade inmediata debido en parte a súa gran cantidade de calorías. Estes alimentos pódense atopar en establecementos, pero é moi común poder mercalos nas rúas, sendo comercializados por vendedores ambulantes, coñecidos tamén como street food. Esta práctica remonta á antigüidade e ten presenza en practicamente todas as rexións do mundo moderno malia que pode ser considerada unha forma de Fast food. Ó sector da sociedade que máis consome este tipo de comida é o da mocidade e a localización na que máis se comercializa é as grandes cidades.

Achega de calorías editar

Para podernos facer unha idea da cantidade de calorías que poden achegar estes alimentos debemos saber que a cantidade a inxerir diaria debe estimarse entre as 1500 e as 2500 (dependendo do sexo, idade e complexión física da persoa). Neste sentido, considérase que un home adulto de vida sedentaria precisa dunhas 2100 quilocalorías, mentres que se a súa actividade física é elevada andaría as 3000-3500 quilocalorías. O consumo enerxético das mulleres é menor (agás cando están embarazadas e atópase ó redor das 1800-2200 quilocalorías, variando en función do esforzo físico a realizar. Polo xeral, esta cantidade é a que rolda unha soa comida da denominada comida rápida. Exemplificarémolo de seguido aportando os datos da comida comercializada nos Estados Unidos:

Double Whopper con queixo. 960 quilocalorías.

Double Whopper sen queixo. 870 quilocalorías.

Whopper normal sen queixo. 640 quilocalorías.

Big Mac. 590 quilocalorías.

Double Quarter Pounder con queixo. 730 quilocalorías.

Hamburguesa normal. 280 quilocalorías.

Pataca (papa) grellado con touciño e queixo. 580 quilocalorías.

Emparedado de polo grellado. 300 quilocalorías.

Ensalada "Mandarin Chicken Salad", sen aderezo. 150 quilocalorías.

Unha porción da Supéreme Stuffed Crust (posúe a base retacada) con queixo e salsa extra. 440 quilocalorías.

Dúas porcións da pizza anterior con bolos pequenos de pan, salsa e refrixerio grande. 1430 quilocalorías.

Unha porción de pizza con base fina, con peperoni, pementos, olivas, fungos e jalapeños. 200 quilocalorías.

Dúas porcións da pizza anterior con refrixerio light. 400 quilocalorías.

Unha peza de polo de receita orixinal. 360 quilocalorías.

Un pan "biscuit". 190 quilocalorías.

Porción de 6 ás de polo grelladas. 540 quilocalorías.

Sándwich "Oven Roasted Twister". 380 quilocalorías.

Para poder seguir a comparar, amósase de seguido as calorías que conteñen algúns alimentos en 100 gramos. Débese recordar que a abreviatura Cal refírese a quilocalorías:

Aceite de oliva. 899 quilocalorías.

Auga. 0 quilocalorías.

Abelás sen pelar, tostadas con sal. 662 quilocalorías.

Refrixerio con gas e cafeína. 41 quilocalorías.

Refrixerio baixo en calorías. 4 quilocalorías.

Costela grellada de porco. 263 quilocalorías.

Detractores editar

Este produto acumula numerosos detractores debido a que, sumado á falta de exercicio, propicia numerosas enfermidades cardiovasculares, sobrepeso e obesidade.

O principal movemento organizado de contraposición é o chamado Slow food, que tivo a súa orixe en Italia, no ano de 1989 e que actualmente posúe máis de 70.000 socios procedentes de todo o planeta. O seu distintivo é o dun caracol. Slow Food cuestiona a comida industrial e rápida e reforza o pracer da mesa, o comer paseniño, comendo pratos tradicionais, saboreando alimentos autóctonos e fomentando a variedade de ingredientes que garanticen unha alimentación equilibrada.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Schlosser, E. (2002, 2ª edición) Fast food: el lado oscuro de la comida rápida. Barcelona: Ed. Grijalbo. (en castelán)
  • Stevens, N. (2002, 2ª edición) Tabla de calorías. Málaga: Ed. Sirio Argentina. (en castelán)

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar