Faro de Candás

Coordenadas: 43°36′N 05°46′O / 43.600, -5.767

O faro de Candás é unha construción situada no cabo de San Antonio, no concello asturiano de Carreño. Localízase na marxe occidental do porto de Candás, ó que serve de abrigo dos ventos do oeste.

Faro de Candás.

HistoriaEditar

En funcionamento desde 1917 na súa localización actual, xa que na anterior de 1904 na Peña de los Ángeles, non existía posibilidade de construír unha casa para o fareiro. En 1955 empezou a funcionar a sirena.

Está construído case á beira do rochedo. O edificio é rectangular de dúas alturas con torre troncopiramidal acaroada á cara norte do edificio. A altura sobre o nivel do mar é de 40 metros e de 12 metros sobre o terreo.

Ten un alcance de 15 millas mariñas.