Farid Mammadov
Farid Mammadov (en acerbaixano: Fərid Məmmədov) é un cantante acerbaixano, coñecido internacionalmente por representar a Acerbaixán no Festival de Eurovisión 2013 coa canción "Hold me" (en galego: "Apértame").[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1991 (32 anos) Bakú, Acerbaixán |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Acerbaixán |
Actividade | |
Ocupación | cantante , compositor |
Período de actividade | 2000 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Participou en | |
2013 | Festival de Eurovisión 2013 |
Biografía editar
Mammadov naceu en Bakú. Dende a súa infancia, formou parte do conxunto musical Bulbul dirixido por Aybaniz Hashimova, sendo o solista principal por un longo tempo. É alumno da Universidade Estatal Azarí de Cultura e Artes. Traballa para o Centro de Jazz de Bakú. En marzo de 2013, Mammadov gañou a final nacional azarí para o Festival de Eurovisión 2013 que se celebrou en Malmö, Suecia. Foi o primeiro solista masculino que representou o país. En 2013, Farid Mammadov, gañou a preseleción, o Milli Seçim Turu 2013, coa canción "Hold Me" conseguindo o 1º posto, 139 puntos, da segunda semifinal do Festival da Canción de Eurovisión 2013. Na final, partindo como un dos favoritos, conseguiu o 2º posto, con 234 puntos.[2]
Referencias editar
- ↑ "Farid Mammadov con Hold me representará a Azerbaiyán en Malmö 2013". eurovision-spain.com. 14-03-13.
- ↑ ""Eurovision-2013" təmsilçimiz dünya çempionunun oğlu imiş - VİDEO - FOTOSESSİYA". milli.az (en azarí). 15-03-13. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2013. Consultado o 01 de setembro de 2013.