Abrir o menú principal

Fara (longobardos)

(Redirixido desde "Farae")

A fara (plural en latín farae) era a unidade fundamental da organización social e militar dos longobardos. Estaba constituída pola agregación dun grupo homoxéneo e compacto de familias (orixinadas a partir do mesmo clan xentilicio) e era quen de se organizar en continxentes con funcións militares de exploración, de ataque e de ocupación de territorios durante as grandes migracións que conduciron o pobo longobardo dese a zona do Báltico, á Pannonia e ata Italia.

A estrutura socialEditar

Unha orientación historiográfica tradicional identificaba a fara con grupos familiares extensos, pero xa hai tempo que se consolidou unha interpretación que subliña maiormente o papel de unidade militar da fara. De acordo coa etimoloxía (véxase o alemán fahren, ir, viaxar), Jörg Jarnut decántase por unha definición da fara como de "asociación en marcha",[1] que incluía, xunto aos guerreiros, todos os non combatentes relacionados (mulleres, vellos, nenos, escravos, mesmo o gando). Paulo Diácono en cambio fala das "farae" como estirpes ou liñaxes[2]. Na fara confluíron dúas estruturas funtamentais da sociedade xermánica: a Sippe (a familia extensa) e a Gefolgschaft (a libre unión de guerreiros ao redor dun xefe). A segunda semellábase ao comitatus xa descrito por Tácito no século I. É difícil comprender en que medida os dous compoñentes familiares e militares tiveron importancia. Durante un momento crucial como unha migración é doado intuír como o carácter de Gefolgschaft tomaría a dianteira. Eran Gefolgschaften os grupos de cynocefali, os guerreiros escollidos que, con peiteados especiais, buscaban aterrorizar os inimigos que se asemellaban a cans e lobos. Pódese pensar nun grupo de consanguíneos, parecidos aos clans de matriz céltica, cun maior carácter militar que noutras estruturas sociais análogas doutros pobos xermánicos. Durante a fase nómade do pobo longobardo (séculos II-VI) xunto aos deberes militares, na fara, acompañábanse os sociais: o grupo debía garantir a paz interna, asegurar o sostemento de todos, erixir os refuxios provisorios ao final dos desprazamentos. Á cabeza das faras estaba un duque, guerreiro condecorado con tal dignidade polas ligazóns dinásticas e polo valor militar mostrado na guerra e premiado polo soberano. A cohesión interna estaba asegurada polas ligazóns familiares que os membros dunha fara consideraban que tiñan os uns cos outros; durante a estancia de vinte anos en Pannonia (sobre 547 - 568), con todo, o inevitábel xurdimento de diferenzaseconómicas permitiulles aos duques máis ricos e poderosos acolleren na súa propia fara combatentes menos provistos de medios. A invasión de Italia, en 568, foi organizada por Alboíno baseándose nas faras, que constituíron á vez as unidades militares e migratorias, por medio das cales os longobardos penetraron na Península. Unha vez xuntos nun novo territorio, unha fara era seleccionada para situarse nun punto estratéxico, apoiándose normalmente en estruturas preexistentes. Por exemplo, o primeiro duque longobardo creado por Alboíno en Italia, Xisulfo I de Friúl, situouse co seu séquito na cidade de Cividale. Ao rematar a conquista, as faras conservaron aínda por algúns anos as súas características de mobilidade e de provisionalidade, para despois evolucionar progresivamente a asentamentos estábeis.

Os asentamentosEditar

Os lugares onde se estableceron as faras, situados a miúdo nas zonas limítrofes da expansión longobarda, convertéronse en moitos casos centros habitados permanentes dos que fican trazas na toponimia: por exemplo[3]:

NotasEditar

  1. Storia dei longobardi, pag. 45
  2. Qui Gisulfus non prius se regimen eiusdem civitatis et populi suscepturum edixit, nisi ei quas ipse eligere voluisset Langobardorum faras, hoc est generationes vel lineas, tribueret. Historia Langobardorum, II, 9.
  3. Porén cómpre indicar que non están referenciados en toponimia medieval e ademais sinalar que houbo un culto moi forte a Santa Fara en época longobarda, polo que algúns destes topónimos poden ser haxiotopónimos.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar