Fanny Geefs
Fanny Geefs, nada en 1807 e finada en 1883, foi unha pintora belga de ascendencia irlandesa. Nada como Isabelle Marie Françoise Corr ben en Dublín ou en Bruxelas, estudou arte dende nena. Na década de 1830, estudou con François-Joseph Navez. Ademais de retratos, pintou imaxes relixiosas e históricas como Our Lady Appearing to the Oppressed que se atopa na Igrexa da Sagrada Familia de Schaerbeek. Casou co escultor Guillaume Geefs en 1836.
Fanny Geefs | |
---|---|
Retrato de Fanny Geefs, c. 1830. | |
Nacemento | 1807 |
Bruxelas | |
Falecemento | 1883 (75-76 anos) |
Schaerbeek | |
Área | pintura |
Obras | La vie d'une Femme : Piété, Amour, Chagrin |
Cónxuxe | Guillaume Geefs |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traballou en comisións para a familia real belga, incluíndo numerosos retratos da raíña Luísa María de Orleáns. O seu tríptico La vie d'une Femme : Piété, Amour, Chagrin tivo grande influencia en Charlotte Brontë, en particular na súa novela autobiográfica Villette, ambientada en Bruxelas.
Coa súa morte en 1883, a Biblioteca Real de Bélxica mercou unha gran colección das súas obras.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fanny Geefs |
A Galipedia ten un portal sobre: Muller |
BibliografíaEditar
- Alexia Creusen, CORR, Fanny (1807–1883, épouse GEEFS, in Eliane Gubin, Catherine Jacques, Valérie Piette & Jean Puissant (eds), Dictionnaire des femmes belges: XIXe et XXe siècles. Bruxelles: Éditions Racine, 2006. ISBN 2-87386-434-6 (en francés)