Fang (alquimista)

alquimista chinesa

Fang foi unha alquimista chinesa que viviu durante o século I a.C. É a muller alquimista máis antiga coñecida na China.[1]

Infotaula de personaFang
Biografía
Nacementoséculo I a. C. Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónalquimista Editar o valor em Wikidata

Só é coñecida polo seu apelido, Fang. Criada nunha familia de estudosos especializados nas artes alquímicas, estudou alquimia cunha das esposas do emperador Han Wudi, tendo así acceso aos niveis máis altos da sociedade.

A Fang atribúeselle a descuberta do método para converter o mercurio en prata. Crese que puido utilizar a técnica de extraer prata dos minerais utilizando mercurio, onde o residuo de prata pura queda do mercurio fervido. Sábese que o marido de Fang, Cheng Wei Cheng Wei (en chinés tradicional: 程偉; en chinés simplificado: 程伟), abusaba fisicamente dela tratando de obter o procedemento secreto, aínda que ela se negou a darllo.

Fang acabou volvéndose tola e suicidouse. Os detalles da súa vida foron rexistrados polo autor e alquimista Ge Hong.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Rayner-Canham, Marelene; Rayner-Canham, Geoffrey (2001). Women in Chemistry: Their Changing Roles from Alchemical Times to the Mid-Twentieth Century (History of Modern Chemical Sciences. Philadelphia: Chemical Heritage Foundation. pp. 4–5. ISBN 978-0941901277.