Falso positivo

páxina de homónimos de Wikimedia

O termo falso positivo refírese a conceptos de diferentes disciplinas e contextos:

  • En Estatística, dentro dun estudo de investigación, o erro de tipo I tamén mal chamado erro de tipo alfa (α);
  • En Informática é un erro polo cal un software de antivirus informa que un ficheiro ou área de sistema está infectada, cando en realidade o obxecto está limpo de virus. Isto tamén pode ocorrer nos navegadores de Internet cando se descarga un ficheiro.
  • En Medicina é un erro polo cal ao realizar unha proba complementaria (unha análise de sangue, etc.) o seu resultado indica unha enfermidade/embarazo, cando en realidade non a/o hai;
  • En Detección de obxectos é a detección dun obxecto nun lugar onde non os hai. Por exemplo cando se detecta un rostro nunha imaxe dunha paisaxe;
  • Escándalo dos falsos positivos: en Colombia, é o arresto ou execución de persoas inocentes por parte de organismos militares pasando devanditos inocentes por guerrilleiros abatidos.