Abrir o menú principal
Falleiras do ano 2008.

A Falleira Maior (en valenciano: fallera major) dáse en Valencia na festa das fallas e é a meirande representante dunha comisión falleira, durante os festexos e actividades que dita comisión realiza durante o ano que dure o seu reinado, tamén exerce de representante ante outras comisións falleiras u outros eventos aos que a comisión sea invitada.

Existe tamén o cargo de Falleira Maior Infantil, ostentado por unha nena e que representa de igual modo aos nenos dunha comisión falleira.

Falleiras Maiores de ValenciaEditar

Artigo principal: Lista de Falleiras Maiores.

Trátanse da Fallera Major de València e a Fallera Major Infantil de València, en ambos casos son falleiras dunha comisión falleira, elixidas por un xurado, e cuxa función principal é exercer como embaixadora da festa das fallas na propia cidade de Valencia e fora dela, aló onde sexa requirida durante el ano que dura o seu reinado.

Sistema de elección da Falleira MaiorEditar

O primeiro paso da elección é a preselección. Cada comisión falleira de Valencia que o desexe pode presentar unha candidata, na meirande parte de casos estas candidatas son as falleiras maiores da comisión da anterior festa. A preselección faise de entre tódalas fallas de cada sector falleiro. O acto de elección consiste nun desfile das candidatas vestidas de valencianas para ser valoradas por un xurado. Por cada sector elíxense 3 falleiras no caso de que haxa 13 candidatas ou máis, 2 falleiras se hai entre 7 e 12 candidatas e 1 falleira se hai 6 ou menos candidatas. No caso das infantís é igual. O xurado elector pode ser de 2 tipos segundo se decida: un xurado designado pola Xunta Central Falleira o un xurado conformado polos presidentes das distintas fallas do sector.

En segundo lugar farase a elección de cortes, onde aquelas falleiras preseleccionadas serán valoradas durante varios días por un xurado designado polo Presidente da Xunta Central Falleira e que esta conformado por persoas de valía de diversas profesións (xornalistas, expertos en protocolo, artistas falleiros,...) e por xente relacionada coas festas (antigas Falleiras Maiores, antigas Cortes de Honra, ex-directivos da Xunta Central Falleira,...). Este xurado de entre tódalas candidatas ten a función de elixir ás trece que consideren mellores para o cargo.

Por último un xurado elixido a votación pola asemblea de presidentes de falla e que estará formado por cinco persoas que poden ser de entre os mesmos presidentes ou membros do pleno de Xunta Central Falleira, e tras varios días compartidos coas 13 candidatas, elixirán á rapaza de máis valía coma Fallera Major de Valencia, e as 12 restantes pasaran a ser a súa Corte de Honra. No caso das infantís é igual.

Véxase taménEditar