Abrir o menú principal

Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

A Facultade de Veterinaria, é un centro pertencente a Universidade de Santiago de Compostela sito no Campus Universitario de Lugo, no que actualmente se imparte tanto a diplomatura coma o grao de Veterinaria, así como diferentes masters.

HistoriaEditar

Este centro estableceuse na USC pola Lei de Presupostos de 1881 e creada en 1882. Nun principio tiña como nome Escola Especial de Veterinaria e as súas instalacións tíñaas no antigo Seminario de San Clemente, onde se mantivo durante 33 anos, ata 1915. EN 1913 trasladouse a unhas instalación recen creadas onde na actualidade se atopa o Parlamento Galego onde permaneceu ata a súa desaparición en 1924, debido á falta de alumnos e ás accións das denominadas Juntas de Reforma que propuxeron diversos proxectos acerca das ensinanzas veterinarias en todo o Estado, un dos cales era a redución do número de Escolas. Este campo de estudo fundamental para o agro galego quedaría deserto durante 59 anos.

En 1973 creouse o actual centro, continuador da vella Escola Especial de Veterinaria pero cun espírito e compromiso totalmente diferentes. Nun principio tiña unha gran dependencia da Universidade de León, onde o alumnado tiña que completar os estudos de primeiro ciclo realizados en Lugo, pero a facultade creceu rapidamente chegando a ser un dos principais centros de estudos veterinarios do Estado, e con recoñecemento europeo.

Véxase taménEditar