Futebol Clube de Famalicão
O Futebol Clube de Famalicão, coñecido simplemente como Famalicão, é un club de fútbol portugués con sede en Vila Nova de Famalicão. Fundado o 21 de agosto de 1931, milita na Primeira Liga, máxima categoría do fútbol portugués.
Famalicão | |||
---|---|---|---|
Nome | Futebol Clube de Famalicão | ||
Alcume(s) | Famalicenses | ||
Fundación | 21 de agosto de 1931 | ||
Estadio | Estádio Municipal 22 de Junho, Vila Nova de Famalicão, Portugal | ||
Inauguración | 1952 | ||
Capacidade | 5307 | ||
Presidente | Miguel Ribeiro | ||
Adestrador | Armando Evangelista | ||
Liga | Primeira Liga | ||
2023/24 | 8º | ||
Na rede | |||
https://www.fcfamalicao.pt/ | |||
| |||
Desde 1952 o Famalicão xoga os seus partidos como local no Estádio Municipal 22 de Junho, con capacidade para 5.307 espectadores. Os dous períodos de máis éxito da súa historia déronse a principios da década de 1990 o primeiro deles, cando o club xogou catro tempadas na Primeira Liga, e dende 2019, momento no que o equipo regresou á máxima categoría. O club é propiedade de Quantum Pacific Group, que posúe tamén o 30% do Atlético de Madrid.
Historia
editarO Futebol Clube de Famalicão foi fundado o 21 de agosto de 1931 por seis amigos. O seu primeiro encontro foi na inauguración do seu campo, o Campo da Berberia, cun partido contra o FC Porto en 1932. O seu primeiro equipamento era verde e branco, pero finalmente foi cambiado por branco e azul para conseguir a afiliación do Porto. Comezou a competir na tempada 1932(33 no Campionato de Promoción Rexional, do que se proclamou campión. Na 1945/46, o club chegou ás semifinais do Taça de Portugal baixo a dirección do adestrador húngaro Janos Szabo, pero foi derrotado por 11-0 polo Sporting CP de Cândido de Oliveira.[1]
Militou na máxima categoría durante a tempada 1946/47 e tamén na 1978/79, antes de iniciar un período de catro anos na categoría entre 1990 e 1994. Na década de 2000 caeu ata as divisións rexionais. En maio de 2015 regresou á Segunda Liga, despois de 19 anos de ausencia.
Ao comezo da tempada 2018/19, o 51% das participacións do club foron compradas por Quantum Pacific Group, un grupo liderado polo empresario israelí Idan Ofer que tamén posúe o 33% do Atlético de Madrid.[2] O 28 de abril de 2019, o club obtivo o ascenso á máxima categoría por primeira vez nun cuarto de século.[3]
O 11 de setembro de 2019, Quantum Pacific Group aumentou a súa participación na Sociedade Anónima Deportiva do club do 51% ao 85%.[4] Coa vitoria por 1-0 sobre Paços de Ferreira en xaneiro de 2020, o club chegou ás semifinais da copa por primeira vez desde 1946.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Famalicão na meia-final da Taça para recordar o passado" (en portugués). 16 de xaneiro de 2020. Consultado o 10 de agosto de 2024.
- ↑ "Una empresa israelí compró un club de fútbol portugués" (en castelán). 2 de xullo de 2018. Consultado o 10 de agosto de 2024.
- ↑ "Famalicão volta à I Liga 25 anos depois" (en portugués). 29 de abril de 2019. Consultado o 10 de agosto de 2024.
- ↑ "Quantum Pacific Group passa a deter 85 por cento da SAD do Famalicão" (en portugués). 11 de setembro de 2019. Consultado o 10 de agosto de 2024.