Futbol Club Barcelona (hóckey herba)
club español de hóckey herba
(Redirección desde «FC Barcelona (hóckey herba)»)
A sección de hóckey herba do Futbol Club Barcelona, unha das máis antigas do club, foi fundada oficialmente o 6 de novembro de 1923 impulsada por Lluís Menéndez e Pere Cusell, mais debido ao pouco interese que espertou, viuse relegada deseguido a un segundo nivel dentro do club. O seu primeiro grande éxito chegou en 1931 cando acadou o Campionato de Cataluña de Hóckey Herba. Nos anos 40 continuaron os éxitos co triunfo final en tres copas do Rei (1942, 1944 e 1947). Os éxitos, porén, non continuaron. Nos anos '60, coa creación da División de Honra da especialidade, o club estivo presente entre os clubs da elite, mais sempre un chanzo por detrás dos clubs de Terrassa ou o Reial Club de Polo.
Títulos
editar- 3 copas do Rei: 1941-42, 1943-44 e 1946-47.
- 2 Campionato de Cataluña: 1931 e 2007.
- 1 Torneo Internacional de Hóckey de Reis: 1951.