Fútbol Club Cartagena-La Unión

O Fútbol Club Cartagena-La Unión foi un club de fútbol español, da cidade de La Unión, na Rexión de Murcia. Fundado no 2000, desapareceu en 2011 por problemas económicos.

CD La Unión
NomeClub Deportivo La Unión
Fundación2000
Desaparición2011
EstadioMunicipal de La Unión,
La Unión, Murcia, España España
Inauguración7 de xaneiro de 1973
Capacidade3.000
Na casa
Fóra

Historia

editar

O primeiro club da cidade foi o CD La Unión, fundado en 1959 e que desapareceu en 1975. Denominouse Deportivo Unionense ata o ano 1965 e militou en Terceira División tres tempadas. Tras este naceu La Unión Athletic en 1972, que chegou a militar en Terceira outras tres campañas. En 1995 fusionouse co Efesé Cartagena Deportivo para formar o Efesé-Unión CF Cartagena, que despois cambiou o seu nome a Cartagena Atlético.

Posteriormente outro CD La Unión fundouse no ano 2000. Tras dúas tempadas en Primeira Territorial consegue o ascenso a Preferente. O primeiro ano consegue a permanencia con algúns apuros e a tempada seguinte, a 2003/04, proclámase campión, conseguindo así o ascenso a Terceira División. Debuta na categoría cun 15º posto e posteriormente loita todas as tempadas con alcanzar un posto no play-off.

A tempada 2008/09 conségueo por primeira vez na antepenúltima xornada. Eliminou o Rayo Majadahonda que foi o seu primeiro rival na primeira eliminatoria de ascenso, empatando o primeiro partido 1-1 en La Unión e gañando no Cerro del Espino por 0-1. Na segunda eliminatoria é eliminado polo Noja.

Para a tempada 2009/10 pasa a ser equipo filial do FC Cartagena,[1] ademais cambia o seu nome a FC Cartagena-La Unión. Casimiro Torres convértese no adestrador.[2]

Na tempada 2010/2011 clasifícase en 4ª posición para os playoffs de ascenso, sendo eliminado na primeira eliminatoria contra a Montañesa, por 1-1 na ida disputada no Estadio Cartagonova e 1-0 na volta. Ao terminar a tempada o acordo de filialidade co FC Cartagena non se renova e o club desaparece ao non poder facer fronte aos gastos dun equipo de Terceira.

Uniforme

editar
  • Uniforme titular: Camiseta branquiazul a raias verticais, pantalón azul, medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta carmesí, pantalón carmesí, medias carmesíes.

Datos do club

editar
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ª B: 0
  • Tempadas en : 7
  • Mellor posto na liga: 3º en Terceira (tempada 2008/09)

Historial na liga

editar
Tempada Categoría Posto
2001–03 Rexional
2004/05 15º
2005/06
2006/07
2007/08
2008/09
2009/10
2010/11

Palmarés

editar
  1. Francisco J. Moya, Diario La Verdad (2009). "La Unión será o equipo dependente do FC Cartagena en Terceira". Consultado o 26 de xuño. 
  2. Francisco J. Moya, Diario La Verdad (2009). "A ilusión de Casimiro". Consultado o 7 de xullo.