Félix Gordón Ordás

político e diplomático español
(Redirección desde «Félix Gordón de Ordás»)

Félix Gordón Ordás, que tamén aparece como Félix Gordón Ordax, nado en León o 11 de xuño de 1885 e finado en Cidade de México o 22 de xaneiro de 1973, foi un veterinario e político republicano español. Durante a Guerra Civil Española foi embaixador en México e anos despois desempeñou a presidencia do Goberno da República española no exilio.

Infotaula de personaFélix Gordón Ordás
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1885 Editar o valor em Wikidata
León, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xaneiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Landeshauptmann (pt) Traducir Segunda República Española no exilio
xaneiro de 1951 – abril de 1960
← Álvaro de Albornoz (pt) TraducirEmilio Herrera →
Embaixador de Espanha em Cuba (pt) Traducir
1938 –
Deputado nas Cortes republicanas

12 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: León (en) Traducir
Ambassador of Spain to Mexico (en) Traducir
2 de febreiro de 1936 – 31 de marzo de 1939
← Emiliano IglesiasJosé Loredo Aparicio (en) Traducir →
Deputado nas Cortes republicanas
6 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: León (en) Traducir
Ministro de Industria de España
9 de outubro de 1933 – 16 de decembro de 1933
← Laureano Gómez ParatchaRicardo Samper →
Deputado nas Cortes republicanas

7 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: León (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoVeterinario e España Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Madrid
León
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomático , político , veterinario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión Republicana (España 1934) (1934–1958)
Partido Republicano Radical Socialista (1929–1934)
Partido Republicano Radical (1908–1929) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en León o 11 de xuño de 1885,[1] estudou Veterinaria, carreira que rematou en 1905 en León. Creou a Juventud Republicana de León e fundou o semanario La Verdad. Abandonou Unión Republicana e uniuse ao partido de Alejandro Lerroux. Na ditadura de Primo de Rivera estivo desterrado a Ponte Barxas dez meses.[2] Con profundos coñecementos das técnicas veterinarias máis innovadoras da súa época, os seus coñecementos non foron ben valorados polas autoridades nun país atrasado cientificamente. Foi o primeiro en propoñer o establecemento de rexistros pecuarios en todo o territorio nacional para un mellor control do gando e das enfermidades e epidemias.

Conseguiu que durante a Segunda República se crease unha Dirección Xeral de Gandaría. Elixido deputado en 1931 e 1933 polo Partido Radical-Socialista. Foi Ministro de Industria e Comercio no último goberno do bienio progresista, baixo a presidencia de Martínez Barrio (outubro - decembro de 1933). En 1934 era o líder da facción máis conservadora do partido, que confluíu con outros na creación de Unión Republicana, partido polo que foi elixido deputado nas eleccións de febreiro de 1936 polas listas do Fronte Popular. En 1936 foi nomeado embaixador en México, onde realizou xestións diplomáticas durante a Guerra Civil Española ante o goberno de Lázaro Cárdenas. Máis tarde desempeñou a representación de España ante Panamá, Cuba e Guatemala.[3]

Exiliado en México ao remate da guerra civil, foi membro da Junta Española de Liberación e foi nomeado presidente do Goberno da República no exilio de 1951 a 1960. Durante o seu goberno a oposición no exilio entrou nunha crise interna cando a Ditadura franquista entrou na ONU (e con iso, o recoñecemento a nivel internacional), o que supuxo un duro golpe á causa republicana. Morreu en México o 22 de xaneiro de 1973.[1]

Predecesor:
Laureano Gómez Paratcha
 
Ministro de Industria e Comercio

1933
Sucesor:
Ricardo Samper Ibáñez
Predecesor:
Álvaro de Albornoz Liminiana
 
Presidente do Consello de Ministros da República no exilio

1951 - 1960
Sucesor:
Emilio Herrera Linares

Obras editar

 
Portada do libro Resumen de bacteriología especial para prácticos y estudiantes por Gordón Ordás y Cayetano López.

Obras científicas editar

  • Resumen de bacteriología especial para prácticos y estudiantes.
  • Policía sanitaria de los animales domésticos.
  • Mi evangelio profesional.
  • La ganadería lanar en México.

Obras políticas editar

  • Al borde del desastre: economía y finanzas en España. 1939-1951 (1952).
  • Mi política en España (1961-1963, en 3 volumes).
  • Mi política fuera de España (1965-1972, en 4 volumes).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Cuenca Toribio & Miranda García 1991, p. 65.
  2. La Calle, 2-10-1931, p. 14.
  3. «Volveu ser designado Embaixador Extraordinario e Plenipotenciario en Guatemala e Panamá o 2 de novembro de 1945, ao mesmo tempo que ostentaba por elección a presidencia do Comité Executivo Nacional de Unión Republicana» en FELIX GORDÓN ORDAS: VETERINARIO Y POLÍTICO REPUBLICANO Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. da Asociación Española de Historia de la Veterinaria, Presentación ante a Real Sociedad Bascongada de Amigos del País. Biblioteca Dr. Camino de Donostia, 15 de abril de 2003.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar