Fátima Iglesias

política galega

Fátima Iglesias Ferreira, nada na Guarda o 22 de agosto de 1971, é unha política galega.

Infotaula de personaFátima Iglesias
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
A Guarda, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, cun mestrado de Axente de Emprego pola Universidade de Vigo, iniciou a súa carreira política no seu concello natal, onde foi elixida concelleira en representación do PPdeG en 2007. Desenvolve a súa experiencia laboral como Técnico de Emprego e Docente[1], nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura dos populares ao concello guardés, mais non acadou os respaldos suficientes para obter a alcaldía a pesar de subir un concelleiro e quitarlle a maioría absoluta ao PSdeG. Dous meses despois, e grazas a unha serie de renuncias das que a última foi a do deputado Ignacio López-Chaves[2], accedeu ao posto de parlamentaria no Parlamento de Galicia en representación da circunscrición de Pontevedra.

Vida persoal editar

Está casada e ten dous fillos.[1]

Notas editar