Fábrica Hispano (FH) foi un fabricante español de automóbiles con sede en Barcelona de 1956 ata 1960.

Fábrica Hispano

FH de 1957
Fundación1956 - 1960
LocalizaciónBarcelona España España
IndustriaTransporte
ProdutosAutomóbil
editar datos en Wikidata ]

Historia da compañía editar

A empresa Fábrica Hispano, localizada en Barcelona, empezou a partir dos restos da antiga Hispano-Suiza trala súa nacionalización e integración en ENASA.[1] Comezou en 1956 coa produción de automóbiles. En 1960, a produción detívose logo duns 400 exemplares producidos.

Modelos editar

 
Modelo F2 furgoneta.

Tan só produciron micro coches. Utilizaban motores monocilíndricos de 197 cm³ de desprazamento que daban unha potencia de 9 cv, de procedencia Hispano Villiers, nos modelos F2 e F4; ou motores Rovena de dous cilindros con 324 cm³ de cilindrada e un total de 15 cv que equipaban os modelos F5. Fabricouse en versión camioneta de dúas portas, catro prazas praia e furgoneta.

Notas editar

  1. "HISPANO SUIZA (1904 - 1946)" (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar