Extreme (videoxogo)

Extreme foi un videoxogo futurista desenvolvido por Digital Integration en 1991. Publicáronse versións para Amstrad CPC, Commodore 64 e ZX Spectrum.

Extreme (videoxogo)
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

Semellante a Dan Dare, o argumento lévanos a un mundo interespacial no que uns piratas interestelares roubaron a nave Pioneer 10 e tras levar as mostras puxeron en marcha o mecanismo de autodestrución que tiña a nave. Ó longo de tres fases temos que investigar e parar o proceso de autodestrución. O xogo pretendía levar ata as últimas consecuencias os gráficos e efectos dos ordenadores de 8 bits: Spectrum, Amstrad e Commodore.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar