Exposición (narrativa)

estilo narrativo da narracion

Unha exposición é un sistema de elocución baseado na disertación verbal con intención didáctica destinada a difundir o coñecemento humano e a reflexionar sobre o modo en que se acadou dito coñecemento. Noutras palabras, acto de dicir ou escribir algo para que o coñezan os demais: un tipo de discurso que presenta o obxectivo de ofrecer un tema calquera ó receptor de xeito claro e ordenado, para o cal se require un coñecemento global da cuestión que se pretende explicar e un desenvolvemento progresivo e articulado das ideas obxecto de manifestación.

O texto de carácter expositivo non pretende convencer nin demostrar -aspectos estes en que se centra a argumentación-, senón mostrar un conxunto organizado de observacións e coñecementos ou propor unha visión determinada dun problema e as súas posibles solucións.

  • Documentación: Recollida de datos contrastados e postos ó día. Pode incorporar frases orixinais sobre o tema de especialistas. Tanto as citas de autoridade como as referencias a obras consultadas, deben indicarse en notas ó pé da páxina para que calquera lector que o desexe poida consultalas.
  • Estruturación: Pode ser moi diversa. Depende do tipo de receptor, do tema e do punto de vista do autor.
  • Elocución: Artéllanse as distintas partes do discurso expositivo, de forma que cada nova idea teña o seu apoio nas precedentes e o pensamento avance sen saltos nin digresións.

Modalidades expositivas

editar
  • Modalidade divulgativa, de doada comprensión para o receptor (artigos de prensa ou revistas con intención máis didáctica e lúdica ca científica.
  • Modalidade científica, baseada na descrición técnica. Tres son os principios polos que se rexe:
  • Obxectividade: Conséguese diluíndo a importancia do suxeito e destacando os feitos e os datos.
  • Universalidade.
  • Verificabilidade.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar