Explosión no porto de Tianjin

Coordenadas: 39°02′23″N 117°44′11″L / 39.039722222222, 117.73638888889

A explosión no porto de Tainjin aconteceu o 12 de agosto de 2015 nunha estación de almacenamento de colectores localizada no porto da cidade de Tianjin, dentro do distrito de Binhai, na China.[1][2] Os primeiros informes sinalaron que o causante foi un accidente industrial.[3] Os medios de comunicación estatais chineses dixeron que cando menos a explosión inicial foi en colectores localizados nun almacén da Ruihai Logistics, firma especializada en manexar materiais perigosos.[1][4]

Explosión no porto de Tianjin
Porto de Tianjin visto desde o aire antes da explosión

Explosión editar

 
Mapa da zona do porto

Sentíronse dous estoupidos con trinta segundos de intervalo, os primeiros informes suxerían que houbera centos de feridos na explosión, que se oíra a varios quilómetros. Os estoupidos rexistraron unha magnitude de 2.3 e 2.9 na escala de magnitude de momento, con bólas de fogo de varios centos de metros de altitude.[5][6] O Centro de Redes Sismolóxicas da China informou que a primeira e segunda detonación equivalían a 3 e 21 toneladas de TNT, respectivamente.[7]

Os servizos de extinción supendéronse polo ao se descoñecer a cantidade e as substancias concretas de material perigoso presentes no almacén.[8]

Perdas editar

Segundo o goberno local de Tianjin houbo 700 ferdios na explosión[9], moitos con importantes danos, maioritariamente queimaduras e outras feridas derivadas da explosión.[10] Arredor de mil bombeiros acudiron á escena, morrendo doce[8], mentres que se perdeu contancto con outros 36 bombeiros.[1][11][12][13][14] Os primeiros datos falan de máis de 50 mortos, e 71 feridos moi graves incluíndo os bombeiros.[9]

Danos editar

As fotografías e os vídeos mostran destrución extensa na área ao redor do almacén.[15] Destruíronse os edificios de sete empresas de loxística, ademais tamén máis que mil coches novos nun aparcadoiro próximo quedaron desfeitos.[16] O supercomputador Tianhe-1A apagouse logo que resultase afectado o Centro Nacional de Supercomputación de Tianjin polas explosións. Así e todo o computador aínda está operativo.[17]

Reaccións editar

A China Central Television informou que o presidente Xi Jinping e o primeiro ministro Li Keqiang instaron a "realizar todos esforzos para rescatar as vítimas e extinguir o lume."[2] Algúns usuarios das redes sociais informaron que se eliminaran os seus comentarios sobre as explosións.[18]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Huge explosions in China's Tianjin port area kill 17, hurt 400". Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Massive explosion in China's Tianjin". BBC News. 12 de agosto de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2015. 
  3. "China blasts: Casualties as Tianjin shipment blows up". BBC News. 12 de agosto de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2015. 
  4. Graham-Harrison, Emma (12 de agosto de 2015). "Explosions in Chinese city of Tianjin kill at least 17 and injure hundreds". The Guardian. Consultado o 12 de agosto de 2015. 
  5. "Huge explosion in Chinese port city of Tianjin". The Guardian. 12 de agosto de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2015. 
  6. "Blast Rocks Chinese City of Tianjin, Hundreds Reported Injured". NBC News. 12 August 2015. Consultado o 12 de agosto de 2015. 
  7. "China blasts: Casualties as Tianjin warehouse blows up". BBC News. 12 August 2015. Consultado o 12 August 2015. 
  8. 8,0 8,1 "Firefighting halted at site of Tianjin warehouse blasts after 11 firefighters confirmed killed". Consultado o 13 August 2015. 
  9. 9,0 9,1 "UPDATE 10-Huge blasts at Chinese port kill 50, injure more than 700". Reuters. 13 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2015. Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  10. "More than a dozen killed, hundreds hospitalized after massive explosions rocks Chinese city" Arquivado 13 de agosto de 2015 en Wayback Machine., Fox News Channel.
  11. KSPR. "URGENT – China Tianjin explosions firefighter deaths". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2015. Consultado o 13 August 2015. 
  12. Jiang, Steven; Ford, Dana (12 August 2015). "Explosion rocks Chinese city of Tianjin; 7 reported killed". CNN. Consultado o 12 August 2015. 
  13. "Hundreds injured after huge explosion in Chinese port city of Tianjin". MSN News. 12 August 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2015. Consultado o 12 August 2015. 
  14. "Deadly Explosions Hit China’s Port of Tianjin". The New York Times. 12 August 2015. Consultado o 12 August 2015. 
  15. Phipps, Claire; Weaver, Matthew. "China blasts: fireball from Tianjin explosions injures hundreds and kills at least 44 – latest updates". The Guardian. Consultado o 13 August 2015. 
  16. "At least 17 dead as huge warehouse blasts hit Chinese port". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2015. Consultado o 13 August 2015. 
  17. "Supercomputer Tianhe-1A shut down due to Tianjin blast". 12 August 2015. Consultado o 12 August 2015. 
  18. "News from The Associated Press". Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2015. Consultado o 13 August 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar