Abrir o menú principal

Explosión da polvoreira de Delft

A explosión da polvoeira de Delft- Egbert van der Poel (1621-1664).

A explosión da polvoreira de Delft (en neerlandés: Delftse donderslag, traducido ao galego como "o estrondo de Delft "), foi un desastre que ocorreu o 12 de outubro de 1654, na cidade de Delft, na Holanda Meridional, naquel momento pertencente ás Provincias Unidas e actualmente aos Países Baixos.

Ás 10:15 horas da mañá daquel día, produciuse a explosión dun almacén que gardaba 90 toneladas de pólvora feita á base de salitre (nitrato), situado no nordeste do centro de Delft

O lugar dos feitosEditar

A polvoreira na que se produciu a catástrofe fora instalada en 1637 nos terreos do antigo convento das Clarisas. As poucas persoas que sabían da existencia deste almacén, en gran parte soterrado, coñecíano como "O segredo de Holanda'" (Secreet van Holland ou Geheim van Holland).

Nos anos posteriores á creación deste "segredo", a industria téxtil instalárase nos edificios da contorna da rúa Doelenstraat, que fora prolongada nesas datas. Xa que logo, o maior número de mortos produciuse entre os habitantes desta rúa; entre esles estaba o pintor Carel Fabritius, que tiña alí o seu obradoiro (suponse que un gran número de cadros deste pintor desapareceu con el).

Causa da explosiónEditar

Sobre os motivos da explosión, coñécese oficialmente un dato: Cornelis Soetens, o xerente do almacén, entrou na área de almacenamento para buscar unha mostra de explosivo e algunhas faíscas saídas da súa lanterna chegaron a tomar contacto coa pólvora. Un pouco máis tarde, produciuse unha serie de fortes explosións, que cheron a ser escoitadas desde a illa de Texel.

Danos ocasionadosEditar

Nas persoasEditar

Nunca se concretou un número oficial de vítimas, pero os historiadores cren que o desastre tería causado varios centenares de mortos.

Na cidadeEditar

 
Despois da explosión en Delft (outubro de 1654), por Van den Eeckhout

Case todos os edificios do centro da cidade resultaron danados, e a área ao leste da canle e da rúa Verwersdijk quedou completamente arrasada.

Durante a explosión da polvoreira de Delft derrubouse completamente polo menos medio milleiro de casas. O coñecido como "xardín dos arqueiros", á beira dos terreos do antigo convento, e que era usado para exercicios polos membros da Schutterij, tamén acabou reducido a cinsas e cascallos.[1] Moitos edificios un pouco máis arredados tamén sufriron graves danos, entre eles as vidreiras da igrexa vella e da igrexa nova, das que non quedou nada.

Repercusión na arteEditar

Ao longo dos séculos, a explosión da polvoreira ten inspirado moitos artistas. En concreto, houbo numerosos pintores que a escolleron como temareproduciron a devastación posterior ao desastre), e o poeta Joost van den Vondel, dedicoulle un lamento ao suceso: Op het Onweder van 's Tales Bussekruit te Delft ("No estrondo de Lants Bussekruit en Delft").[2]

 
"Vista da Paardenmarkt en Delft", por Pieter Wouwerman, 1665.

ReconstruciónEditar

Grazas á colecta organizada en diversas cidades dos Países Baixos en beneficio da poboación de Delft damnificada polo desastre, púidose iniciar ben axiña a reconstrución, que levou uns anos. Na maior parte dos terreos erguéronse novos edificios. O lugar onde estaba o xardín de arqueiros quedou libre, e así se mantivo ata os nosos días, co nome de Paardenmarkt ("Mercado dos cabalos"). O novo xardín de arqueiros situouse no lugar onde está agora a Doelenplein e, en lugar do convento, construíuse un almacén de artillaría.

A nova polvoreira de Delft situouse lonxe, fóra dos muros da cidade.

ConmemoraciónEditar

O 12 de setembro de 2004, conmemorouse o 350 aniversario da explosión da polvoreira de Delft cun concerto de percusión que tivo lugar no patio interior do vello almacén de artillaría da Paardenmarkt, a cargo do grupo Slagerij van Kampen[3]. A continuación, a asociación musical de alumnos Krashna Musika e o grupo de percusión sénior e júnior do coro Showorkesten Excelsior Delft interpretou unha composición de Arend Niks: Delfts Kruit.[4]

Notas Editar

  1. A Schutterij era unha especie de milicia composta por voluntarios que existía nos Países Baixos na Idade Media e ata o comezo da Idade Moderna, que tiña a misión de protteger as vilas e cidades.
  2. Op het Onweder van's Lants Bussekruit te Delft, de Vondel.
  3. O nome fai referencia á carnizaría Sanzot das Aventuras de Tintín, na versión neerlandesa.
  4. A elección desta data estivo ligada á celebración nos Países Baixos das "Xornadas Europeas do Patrimonio", e non á efeméride real da catástrofe

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar