Abrir o menú principal

Expedición de García Jofre de Loaísa

A expedición de García Jofre de Loaísa foi unha expedición marítima da coroa de Castela que saíu do porto da Coruña o 24 de xullo de 1525 co obxectivo de chegar ás illas das especias e reclamalas para a coroa de Castela. A nao Victoria regresou a España en 1536.

FrotaEditar

 
Percorrido da expedición.

A expedición estaba formada 450 mariños en sete naos e un pateche:

Na expedición participaba Rodrigo de Triana, que foi o primeiro en avistar América na primeira viaxe de Colón. Como axudante de Elcano ía Andrés de Urdaneta, que chegaría a ser o maior cosmógrafo do seu tempo.