Un exositio é un sitio de unión secundario, situado lonxe do sitio activo, que se encontra nun encima ou outra proteína.[1]

Este sitio é similar a un sitio alostérico, pero difire en que, para que un encima estea activo, o exositio debe estar ocupado.[2] Recentemente, os exositios convertéronse nun tema sobre o que hai un crecente interese en investigación biomédica, para utilizalos como dianas potenciais de fármacos.[3][4]

Por exemplo, a trombina ten un sitio activo e dous exositios. O seu exositio 1 únese á fibrina, o que a deixa orientada cara ao centro activo.[5] No exositio 1 pode unirse tamén o PAR, o que é importante para a agregación de plaquetas, e no exositio 2 pode unirse ao receptor GPIbα.[6]

Notas editar

  1. YEGNESWARAN, S.; TIEFENBRUNN, T. K.; FERNÁNDEZ, J. A.; DAWSON, P. E. (2007-10). "Manipulation of thrombin exosite I, by ligand-directed covalent modification". www.ingentaconnect.com (en inglés). Consultado o 2019-12-06. 
  2. "Congress of the International Society on Thrombosis and Haemostasis". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2004. Consultado o 11 de setembro de 2018. 
  3. Muller, Jens. "An Exosite-Specific ssDNA Aptamer Inhibits the Anticoagulant Functions of Activated Protein C and Enhances Inhibition by Protein C Inhibitor". Cell.com. Consultado o 11 May 2013. 
  4. Serine Endopeptidases: Advances in Research and Application: 2011 Edition. ScholarlyAdditions. Consultado o 11 May 2013. 
  5. Michael C. Nguyen, Yuri B. Pride, C. Michael Gibson (autores do capítulo). Editores: Allen Jeremias and David L. Brown. Cardiac Intensive Care (2ª edición), capítulo: Anticoagulation. Antithrombins—Mechanism of Action. 2010. ISBN 978-1-4160-3773-6. [1]
  6. Ping Zhang, Lidija Covic, Athan Kuliopulos (autores do capítulo), Editor Alan D. Michelson. Protease-Activated Receptors. Platelets (3ª edición), 2013. Capítulo: III A Dual Protease-Activated Receptor System for Human Platelet Activation. Academic Press. ISBN 978-0-12-387837-3 [2]

Ligazóns externas editar



 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.