Cortexo sexual

(Redirixido desde "Exhibición de cortexo")

En bioloxía denomínase cortexo sexual ou cortexo nupcial, e mesmo parada nupcial, o comportamento animal cando o macho dunha determinada especie busca, durante a época de celo, o apareamento cunha femia. En moitos casos, hai unha loita, case sempre incruenta, entre os machos que teñen a vista posta na mesma femia.

Cortexo sexual dun macho de antílope da India (Antilope cervicapra).

Moitas especies animais exhiben durante este período unha serie de comportamentos máis ou menos ritualizados como, por exemplo, a danza nupcial. Frecuentemente implican a exhibición de características físicas, a produción de sons especiais ou o ofrecemento de agasallos á femia. Este tipo de comportamentos obsérvanse máis frecuentemente, e de forma máis desenvolvida, nas aves.

O cortexo sexual aumenta a dispoñibilidade para o apareamento, ao aumentar a motivación sexual dos individuos. Tamén actúa como un selector do individuo macho máis apto para o apareamento. Paralelamente, diminúe a agresividade intraespecífica entre os membros da parella, e tamén entre todos os individuos daquelas especies que se reúnen en mandas durante o período reprodutivo, e que son fortemente territoriais o resto do ano.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.