Abrir o menú principal

Un exectosoma é un orgánulo celular responsable de exectar o seu contido fóra da célula. Na literatura descibíronse dous tipos moi diferentes de orgánulos co nome de exectosomas, que aparecen en dúas clases de organismos non relacionados:

  1. As algas criptomónadas teñen dúas clases de exectosomas, que son uns tipos de extrusomas.
  2. Algúns patóxenos intracelulares, como a bacteria Mycobacterium tuberculosis, escapan das súas células hóspede utilizando unha estrutura baseada na actina, que tamén recibe o nome de exectosoma.

Os exectosomas de criptomónadas (criptófitas) conteñen dúas estruturas parecidas a fitas conectadas en espiral que manteñen en tensión.[1] Se as células son irritadas por estreses mecánicos, químicos e luminosos, descárganos, propulsando a célula en zig-zag lonxe da perturbación. Hai grandes exectosomas, visibles ao microscopio óptico, que están asociados co peto ou invaxinación característica destas células; outros máis pequenos aparecen por toda a célula.[2]

As micobacterias son expulsadas das células hóspede pola acción dun exectosoma baseado na actina. Este mecanismo de escape require un regulador do citoesqueleto do hóspede e mais un sistema de secreción ESX-1 micobacteriano intacto. Os exectosomas aparentemente exercen forza contráctil, formando un septo moi axustado arredor da bacteria. A exección da bacteria fóra da célula ocorre sen que se produza a lise celular do hóspede.[3]

NotasEditar