Ex Models é unha banda de no wave estadounidense procedente de Brooklyn, Nova York.

Ex Models
OrixeBrooklyn, Nova York,
Xénero(s)no wave
MembrosShahin Motia
Zach Lehrhoff
Mike Masiello
Shahryar Motia
Jake Fiedler
Na rede
http://exmodels.org
MySpace: exmodels Last fm: Ex+Models Musicbrainz: acf2166a-7bf5-4d1e-a8b4-b3bf32270dad Songkick: 538825 Discogs: 125190 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

A banda, que xira ao redor dos irmáns Shahin e Shahryar Motia, fundouse cando aínda estaban no instituto. Editaron o seu primeiro álbum, Other Mathematics, no ano 2001 a través do selo Ace Fu Records.

O seu segundo álbum, Zoo Psychology, editouse dous anos despois. Colle ideas do seu anterior traballo, pero as cancións fanse máis sucias e ruidosas, con peculiares cambios de tempo. Nese tempo o baixista Mike Masiello deixou a banda e Zach Lehrhoff substituíuno, proporcionando tamén voces.

De cara 2005 a banda reducírase a un dúo formado por Shahin e Zach que editaron o seu terceiro álbum, Chrome Panthers, tomando unha nova dirección, máis repetitiva e minimalista. Kid Millions, da banda Oneida, axudou a gravar as baterías e tamén realizou algún concerto con Ex Models. Finalmente os ritmos fixéronse máis primitivos e a banda chegou a utilizar tres baterías sobre o escenario.

No ano 2007, a formación clásica de Motias, Zach e o batería Jake Fiedler actuaron no East River Park de Nova York. Porén, a reunión con Fiedler foi curta, e os tres membros restantes comezaron a tocar como Knyfe Hyts, unha banda máis orientada cara ao metal.

Discografía

editar

Álbums

editar
Álbum Ano Selo
Other Mathematics 2001 Ace Fu Records
Zoo Psychology 2003 Frenchkiss Records
Chrome Panthers 2005 Troubleman Unlimited