Eve Ensler, nada en Scarsdale, Nova York o 25 de maio de 1953, é unha dramaturga, feminista e activista social estadounidense coñecida internacionalmente pola súa obra teatral Vagina Monologues (en galego: Os monólogos da vaxina).

Infotaula de personaEve Ensler

(2011) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de maio de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónMiddlebury College (pt) Traducir
Scarsdale High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, teatro, filme, feminismo e sexualidade feminina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , escritora , autobiógrafa , dramaturga , activista polos dereitos das mulleres Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoDrama Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosDylan McDermott (pt) Traducir, fillo adoptivo Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webeveensler.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0258127 IBDB: 388461
Twitter: eveensler TED: eve_ensler Musicbrainz: 21c90d51-9230-4cad-b0b7-2a1508287578 Songkick: 140558 Editar o valor em Wikidata

Ensler dixo que a obra se inspirou en todas as mulleres que foron vítimas de abuso sexual e violación en todo o mundo, polo que tamén fundou en 1998 o proxecto V-day que busca combater a violencia doméstica e o feminicidio.

Outra das súas obras máis coñecidas é I am an Emotional Creature, composta por monólogos e diálogos que contan situacións de diferentes mulleres novas de todo o mundo. A trama desta aborda temas como: a anorexia, o embarazo adolescente, o traballo infantil, a discriminación, os estereotipos sociais e as relixións, entre outras formas en que as culturas oprimen e maltratan as mulleres. A través desta obra a autora busca comunicarlle ao seu público que o espírito e a enerxía que unha moza posúe son factores creadores dun incríbel poder.

Traxectoria editar

Nada nunha familia de pai xudeu e nai cherokee.[1] Graduouse na prestixiosa universidade privada Middlebury College en 1975.

As actividades pacifistas nas que participou por todo o mundo fixérona merecedora de varios premios importantes, incluído un por liderado que lle outorgou no 2002 a organización humanitaria Amnistía Internacional.

En febreiro do 2004, Ensler participou coas actrices estadounidenses Sally Field, Jane Fonda e Christine Lahti nunha manifestación para pedirlle ao goberno de México que reabrise a investigación dos feminicidios en Ciudad Juárez, na fronteira con Texas, Estados Unidos.

Obras máis coñecidas editar

Teatro editar

  • Conviction
  • Lemonade
  • The Depot
  • Floating Rhoda
  • does not matter the time
  • Extraordinary Measures
  • The Vagina Monologues
  • The Good Body
  • Necessary Targets
  • I am an Emotional Creature

Libros editar

  • V-World
  • I Am An Emotional Creature
  • Vagina Warriors
  • Insecure at Last: Losing It in Our Security Obsessed World
  • The Good Body

Filmografía editar

  • Fear No More: Stop Violence Against Women (2002) - entrevista
  • The Vagina Monologues (2002)
  • Until the Violence Stops (2003)
  • What I Want My Words to Do to You: Voices From Inside a Women's Maximum Security Prison (2003)

Premios e recoñecementos editar

Entre outros moitos, Eve Ensler recibiu os seguintes:

  • Premio Obie por Mellor Nova Obra para The Vagina Monologues (1996)
  • Bolsa Guggenheim en dramaturxia (1999) (debido á calidade do seu traballo, a Fundación Guggenheim outorgoulle esta bolsa, a pesar de que non está dirixida ás artes escénicas).
  • Premio Berrilla-Kerr para Dramaturxia (2000)
  • Premio Elliot Norton para Presentacións Individuais Sobresalientes (2001)
  • Premio do Xurado para Teatro no Festival de Artes e Comedia (U.S. Comedy Arts Festival) (2002)
  • Premio por Liderado outorgado por Amnistía Internacional (2002)
  • Premio Matrix (2002)
  • Premio León de Judá das Comunidades Xudías Unidas (2002) [1]
  • Premio "Liberdade de Expresión" do Festival de Cine de Sundance para What I Want my Words to do to you (2003)
  • Doutoramento honoris causa en Letras por parte da súa alma máter, o Middlebury College (2003)
  • Premio de Teatro NETC para obra rexional de Boston (2004)
  • Premio NOW da Gala de Premios Intrepid (2004)
  • Premio Revolucionario Civil outorgado polo Colexio Dade de Miami (2004)
  • Premio Internacional por Esforzos de Paz outorgado pola Escola de Dereito Cardozo (2004)
  • Premio Avon (2005)
  • Premio Sandra Day O’Connor outorgado pola Fundación Arizona para Mulleres (Phoenix, 2005)
  • Doutoramento honoris causa en Letras e Humanidades outorgado polo Colexio Manhattanville (2005)
  • Doutoramento honoris causa en Comunicacións outorgado polo Colexio Simmons (2006)
  • Proclama feita pola Cidade de Nova York en honor do seu traballo polo Día V (2006)
  • Premio Humanitario OK2BU en recoñecemento ás extraordinarias contribucións a comunidade LGBT (2006)
  • Premios polos seus esforzos para contrarrestar a violencia cara ás mulleres: outorgados por organizacións tales como Planned Parenthood (2004, 2006), The Women’s Prison Association (2004), Sahkti (2004) e varios centros LGBT (2004, 2006).

Notas editar

  1. Lesnes, Corine (19 de xaneiro de 2003). "La dama de los monólogos de la vagina". elpais.com (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar