Evasión do bou Tiburón

A evasión do bou Tiburón foi a fuxida dun grupo de republicanos galegos desde Ferrol rumbo a Francia en agosto de 1938.

Historia editar

O 10 de agosto de 1938, o bou Tiburón foi asaltado por un grupo de militantes de esquerda. O fogueiro Manuel Suárez Abelaira introduciu no pañol e na carboneira do bou un grupo de fuxidos que, logo dunhas horas de navegación, ameazaron á tripulación cunha pistola e un suposto saco de bombas. Conduciron o barco ao porto francés de Saint-Nazaire, ao que arribaron o 13 de agosto, trinta e seis horas despois. A fuga foi organizada pola xente da CNT da Coruña.

Fuxiron 24 mariñeiros galegos. Foron inmediatamente repatriados, catorce mariñeiros da dotación e oito dos asaltantes colleron o tren en Nantes rumbo a Barcelona. Só dous tripulantes volveron a Galicia por Irún.

Os fuxidos foron xulgados nunha causa aberta en Ferrol por rebelión militar.

Os 24 fuxidos editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar