Evaristo Nogueira Pol

político español

Evaristo Nogueira Pol, nado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1964, é un avogado e político galego, que foi senador independente nas listas do PPdeG.

Infotaula de personaEvaristo Nogueira Pol
Biografía
Nacemento3 de maio de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do tamén destacado avogado Evaristo Nogueira Romero, Nogueira Pol licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado no despacho familiar, chegou a ser decano do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

Durante a VIII lexislatura, en 2004, foi un dos escollidos polo Partido Popular para integrar a candidatura ao senado pola provincia da Coruña,[1] se ben como independente. Sae elixido, pero en 2008 opta por non presentarse á reelección e abandona a Cámara Alta para regresar ás súas tarefas na avogacía.

É vogal do Consello Social da Universidade de Santiago.

Foi durante quince anos decano do Colexio de Avogados de Santiago e tamén conselleiro do Consello da Avogacía Galega, do Consello Xeral da Avogacía española.[2] En 2016, foi escollido presidente do Consello da Avogacía Galega.[3]

Recoñecementos editar

  • En 2017 recibiu, do Ministerio de Xustiza, a Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort, o máximo recoñecemento en España a un xurista.[4]

Notas editar

  1. "Nogueira Pol, Evaristo". senado.es (en castelán). Consultado o 15-10-2019. 
  2. Melchor, Xurxo (28-5-2017). "«Me voy con una sensación de alivio y de haber cumplido con los objetivos»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 15-10-2019. 
  3. Melchor, Xurxo (13-4-2016). "«La Justicia necesita más jueces, y leyes con más sentido común»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 15-10-2019. 
  4. "El Ministerio de Justicia concede a Evaristo Nogueira la Cruz de la Orden de San Raimundo de Peñafort". europapress.es (en castelán). 26-6-2017. Consultado o 15-10-2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar