Evémero

filósofo grego

Evémero (en grego chamado Εὐήμερος, Euémeros) (Messina, Sicilia, ca. 330 a.C. ? Alexandría, Exipto, ca. 250 a. C.) foi un escritor e hermeneuta grego da época helenística, pai da corrente hermenéutica coñecida como evemerismo.

Modelo:BiografíaEvémero
Nome orixinal(grc) Εὐήμερος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Messana, Roma Antiga (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morteséculo III a. C. Editar o valor en Wikidata
Alexandría, Exipto Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónantropólogo, historiador, filósofo, escritor, mitógrafo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Granat Editar o valor en Wikidata
BNE: XX907464
Filosofía grega
Presocráticos
Sofistas
Sócrates
Platón
Aristóteles
Epicureísmo
Estoicismo
Escepticismo
Cinismo

Traxectoria

editar

O lugar de nacemento é obxecto de discusión en base ás fontes dispoñíbeis: a maioría declárao nativo de Messina, pero Clemente de Alexandría dao como orixinario de Agrixento (menos correctamente ténselle por nativo de Mesene, cidade do Peloponeso, e colono en Messina). Contemporáneo de Dicearco de Messina, viviu no período inmediatamente posterior á morte de Alexandre Magno, e foi viaxeiro asiduo.

No ano 316 a.C Evémero xa era famoso. Segundo Diodoro, Evémero era amigo de Casandro (rei de Macedonia desde 301 a 297); por orde súa encargouse dalgúns asuntos relativos ao reino, polo que tivo que facer longas viaxes, as cales o levaron até Arabia e o océano Índico.

Seguindo as pegadas de Alexandre Magno, volveu logo de longas viaxes a Alexandría, en Exipto, onde escribiu un relato das viaxes do gran macedonio na súa Inscrición Sacra, recibindo por iso ásperas críticas por parte de Calímaco[1].

Por desgraza a súa obra chegounos só grazas a fragmentos de tradición indirecta, dos que os máis conspicuos son os transmitidos por Diodoro de Sicilia e pola tradución da obra ao latín que realizou Quinto Ennio, que nos chegou nun amplo fragmento rescatado á súa vez por Lactancio: orixinalmente estaba composta por tres libros.

O título Ἱερὰ ἀναγραφή ("Hierà anagraphé", traducida por Ennio como Sacra scriptio ou "Inscrición Sagrada". Esta obra é hoxe considerada como unha novela filosófica na que incorpora supostas inscricións arcaicas que di ter atopado nas súas viaxes a unha illa no océano Índico, Panchaea[2], que encontrou viaxando cara ao Sur polo Mar Vermello rodeando a península Arábiga (viaxe realizado a petición de Casandro de Macedonia, segundo o historiador cristián Eusebio de Cesarea). Nesta illa, nunha lápida dun templo de Zeus Triphylius descóbrese unha inscrición nun piar dourado na que se recorda agradecidamente aos primeiros reis da illa: Urano, Cronos e Zeus xunto cun rexistro das mortes de moitos deuses [3]. Así, detrás das crenzas nos deuses como supostas entidades reais, escóndese un antigo rei, un personaxe histórico humano, cuxo recordo lendario a través dos tempos deparou o seu divinización.

Pensamento

editar

Seguindo o escepticismo de Teodoro de Cirene e da escola cirenaica, Evémero desenvolveu un novo método de análise dos mitos, despois chamado evemerismo, no que os mitos sería orixinalmente sucesos naturais ou acaecidos a persoas, que se divinizaban ou narraban como sobrenaturais. Segundo Spyridakis:

Evémero pode recibir crédito de ter sido o escritor que sistematizou e explicou unha antiga e amplamente aceptada crenza popular, especialmente a de que a liña que separa a deuses e homes non é sempre nídia[4]

Evémero aparentemente sistematizou un método para interpretar os mitos que era consistente co intento da cultura Helenística de explicar as crenzas relixiosas tradicionais en termos naturalistas. Herodoto presentou explicacións racionalizadas do mito de Io (Historias I.1ff) e de sucesos da Guerra de Troia (Historias 2.18ff). Evémero foi alén diso, afirmando que os deuses gregos foran orixinariamente reis, heroes e conquistadores, ou benfeitores que se gañaran así a súa veneración. Zeus por exemplo, fora para el, un rei de Creta, que fora un grande conquistador; unha tumba de Zeus era mostrada en Knossos, quizais xerando ou afianzando a crenza existente entre os gregos de que os cretenses eran uns mentiráns.[5]

Evémero non é o único, e moito menos o máis coñecido, dos historiadores "utopistas". Os seus intereses etnográficos achéganlle ao contemporáneo Hecateo de Abdera, autor dunha monografía sobre os Exipcios que tamén foi fonte citada por Diodoro de Sicilia. De Ecateo toma o gusto pola mestura de datos etnográficos, e a súa óptica como histórico, coherente co perfil dos memorialistas da época helenística, non mostra un particular interese na verosimilitude da narración como en suscitar no lector as emocións que no seu século pedíase ás representacións dramáticas, insistindo nos detalles máis exóticos e novelescos.

Se a súa obra, como a de tantos outros históricos contemporáneos seus, foi rapidamente eclipsada polo que respecta á narración de xestas de Alexandro, as súas ideas máis filosóficas tiveron en cambio un grande eco grazas a Ennio, sobre todo, a través do cal integráronse na concepción teolóxica romana da época augustea.

En suma, mediante o procedemento evemerista pode atoparse o verdadeiro sentido oculto dos mitos, que sería de natureza histórica e social. Implícita nesta concepción está a teoría antropolóxica da relixión desenvolvida séculos despois por Ludwig Feuerbach. En realidade, a idea aparecía xa no sofista Pródico de Ceos, quen afirmaba que os deuses son cousas ou homes que na antigüidade foron importantes, polo que logo pasaron a ser deificados.

  1. Spyridakis 1968:337. Spyridakis resalta a intensa reprimenda de Calímaco.
  2. Plutarco declarou que ningún grego nin bárbaro tiña nunca visto tal illa. (Fragment noted in Spyridakis 1968:338).
  3. Segundo Diodoro de Sicilia: Euhemerus goes on to say that Uranus was the first to be king, that he was an honorable man and beneficent, who was versed in the movement of the stars, and that he was also the first to honor the gods of the heavens with sacrifices, whence he was called Uranus, or "Heaven". There were born to him by his wife Hestia two sons, Titan and Cronus, and two daughters, Rhea and Demeter. Cronus became king after Uranus, and marrying Rhea he begat Zeus and Hera and Poseidon. And Zeus, on succeeding to the kingship, married Hera and Demeter and Themis, and by them he had children, the Curetes by the first named, Persephone by the second, and Athena by the third. And going to Babylon he was entertained by Belus, and after that he went to the island of Panchaea, which lies in the ocean, and here he set up an altar to Uranus, the founder of his family.
  4. "Euhemerus may be credited as the writer who systematized and explained an ancient and widely accepted popular belief, namely that the dividing line between gods and men is not always clear," S. Spyridakis, among others, has observed. S. Spyridakis "Zeus Is Dead: Euhemerus and Crete" The Classical Journal 63.8 (May 1968, pp. 337-340) p 338.
  5. Sprydakis 1968:340.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Diodoro de Sicilia: Biblioteca Histórica Libros IV-VIII. Madrid: Gredos, 2004. 475p ISBN 84-249-2732-X
  • O texto dos fragmentos de Evémero, ademais dos fragmentos presentes en Ennio e Diodoro de Sicilia, está recollido no nº 63 da monumental sylloge de Jacoby, e en FGrH, 19572.
  • Pietro Saccà, Evemero da Messina, Messina 1963
  • G. Vallauri, Evemero da Messene, Giappichelli, Torino, 1956