Abrir o menú principal

O EMBL, siglas de European Molecular Biology Laboratory (Laboratorio Europeo de Bioloxía Molecular) é un instituto de investigación de bioloxía molecular do que son membros 21 estados,[1] xunto con tres candidatos e dous estados membros asociados. España forma parte del desde 1986. O EMBL é unha organización intergobernamental creada en 1974 financiada con diñeiro público dos seus estados membros destinado á investigación. A investigación no EMBL realízana aproximadamente 85 grupos independentes que abranguen todos os campos da bioloxía molecular. O laboratorio funciona desde cinco sedes: o principal laboratorio está en Heidelberg, e as subsedes están en Hinxton (o European Bioinformatics Institute, EBI), en Inglaterra), Grenoble (Francia), Hamburgo (Alemaña), e Monterotondo (preto de Roma, Italia). Os grupos e laboratorios de EMBL realizan investigación básica en bioloxía molecular e medicina molecular e adestran a científicos, estudantes e visitantes. A organización axuda ao desenvolvemento de servizos, novos instrumentos e métodos, e tecnoloxía nos seus estados membros.

Investigacións no EMBLEditar

 
Entrada principal do EMBL.

Todos as sedes de EMBL teñen un campo de investigación específico. O EMBL-EBI é un centro para a investigación bioinformática e servizos, que desenvolve e mantén un grn número de bases de datos científicas, que son gratuítas. En Grenoble e Hamburgo, a investigación céntrase na bioloxía estrutural. A Unidade de Bioloxía do Rato de EMBL está localizada en Monterotondo, Italia. Na sede central de Heidelberg, hai unidades de bioloxía celular e biofísica, bioloxía do desenvolvemento, xenómica e bioloxía computacional e estrutural, xunto con grupos de servizo que complementan os mencionados campos de investigación.

No EMBL fixéronse moitos avances científicos importantes, principalmente a primeira análise xenética sistemática do desenvolvemento embrional da mosca do vinagre feita por Christiane Nüsslein-Volhard e Eric Wieschaus,[2] polo cal foron galardoados co Premio Nobel de Medicina de 1995.

Países membrosEditar

Velaquí unha lista dos países membros do EMBL ordenados alfabeticamente:

País membro[1] Ano de incorporación
  Alemaña 1974
  Austria 1974
  Bélxica 1990
  Croacia 2006
  República Checa 2014
  Dinamarca 1974
  España 1986
  Finlandia 1984
  Francia 1974
  Grecia 1984
  Irlanda 2003
  Islandia 2005
  Israel 1974
  Italia 1974
  Luxemburgo 2007
  Noruega 1985
  Países Baixos 1974
  Portugal 1998
  Reino Unido 1974
  Suecia 1974
  Suíza 1974
Estados candidatos a membros
  Eslovaquia 2014[3]
  Hungría 2014[4]
  Polonia 2014[5]
Membros asociados
  Arxentina 2014[6]
  Australia 2008

AdestramentoEditar

 
Os edificios de EMBL en Heidelberg, entre eles o novo Centro de Adestramento Avanzado.

O adestramento avanzado é unha das catro misións principais do EMBL. Ao longo dos anos o Laboratorio estableceu varias actividades de adestramento, das cales o EMBL International PhD Programme (EIPP) é a estrela: ten uns 200 estudantes e desde 1997 ten o dereito de conceder unha titulación propia. Outras actividades son o programa de posdoutorado, que inclúe o EMBL Interdisciplinary Postdoctoral Programme (EIPOD); o European Learning Laboratory for the Life Sciences (ELLS) para adestramento de profesores; e o Visitor Programme.[7]

Centro de Adestramento Avanzado de EMBLEditar

En marzo de 2010, inaugurouse o EMBL Advanced Training Centre (ATC) no campus principal de Heidelberg. O seu edificio, inspirado na forma da dobre hélice,[8] alberga conferencias e proporciona locais para o adestramento.[9]

Ciencia e sociedadeEditar

O EMBL tamén leva a cabo un activo Programa de Ciencia e Sociedade, que ofrece actividades e eventos sobre cuestións sobre investigacións nas ciencias da vida para o publico xeral e para a comunidade científica.[10]

HistoriaEditar

O EMBL foi ideado por Leó Szilárd,[11] James Watson e John Kendrew.[12] Os seus obxectivos eran crear un centro de investigación internacional, similar ao CERN, para poder rivalizar no campo fortemente dominado por Estados Unidos da bioloxía molecular.[13] Kendrew exerceu como primeiro Director xeral do EMBL ata 1982, e sucedeuno Lennart Philipson.[14][15][16] Desde 1993 a 2005 o Director xeral foi Fotis Kafatos,[17][18] e a este sucedeuno Iain Mattaj, que é o cuarto e actual (ano 2015) Director xeral do EMBL.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "EMBL member states". European Molecular Biology Laboratory. 2015. 
  2. Nüsslein-Volhard, C.; Wieschaus, E. (1980). "Mutations affecting segment number and polarity in Drosophila". Nature 287 (5785): 795. doi:10.1038/287795a0. 
  3. "Slovak Republic becomes EMBL Prospect Member State". 
  4. "Hungary joins EMBL as prospect member state". 
  5. "Witamy! EMBL welcomes Poland as prospect member state". 
  6. "Argentina joins EMBL as associate member state". 
  7. Training at EMBL Arquivado 19 de xullo de 2011 en Wayback Machine., EMBL website
  8. "University of Heidelberg - Press Releases". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 09 de outubro de 2015. 
  9. EMBL ATC
  10. Science and Society Programme, EMBL website
  11. Maas, W; Crow, J. F. (2004). "Leo Szilard: A personal remembrance". Genetics 167 (2): 555–8. PMC 1470899. PMID 15238510. doi:10.1534/genetics.104.030320. 
  12. Holmes, K. C. (2001). "Sir John Cowdery Kendrew. 24 March 1917 - 23 August 1997: Elected F.R.S. 1960". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 47: 311–332. PMID 15124647. doi:10.1098/rsbm.2001.0018. 
  13. "EMBL History". 2015. Arquivado dende o orixinal o 2014-04-13. 
  14. Pettersson, U (2011). "Lennart Philipson: A fighter is gone". Proceedings of the National Academy of Sciences 108 (47): 18875. PMC 3223467. PMID 22106290. doi:10.1073/pnas.1116859108. 
  15. Simons, K.; Mattaj, I. W. (2011). "Lennart Philipson (1929-2011)". Science 333 (6043): 711. PMID 21817041. doi:10.1126/science.1210990. 
  16. Baltimore, D. (2011). "Lennart Philipson (1929–2011): A Warrior Has Passed". PLoS Biology 9 (9): e1001153. doi:10.1371/journal.pbio.1001153. 
  17. Gilbert, N. (2010). "The labours of Fotis Kafatos". Nature 464 (7285): 20. PMID 20203577. doi:10.1038/464020a. 
  18. Kafatos, F. (2008). "Straight talk with...Fotis Kafatos". Nature Medicine 14 (9): 902–903. PMID 18776875. doi:10.1038/nm0908-902. 

Coordenadas: 49°23′4.64″N 8°42′36.51″L / 49.3846222, -8.7101417