Eurocopa de Fútbol
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
Eurocopa | |
---|---|
Fundación | 1960 |
Rexión | Europa (UEFA) |
Equipos | 24 |
Actual campión | ![]() (1º título) |
Máis laureado | ![]() ![]() (3 títulos) |
Sitio web | www.uefa.com |
A competiciónEditar
Ata 1976, só catro equipos se clasificaban para o torneo final, número que aumentou a oito en 1980 e a dezaseis en 1996, que fica ata hoxe. O equipo do país que alberga o campionato clasifícase automaticamente, namentres que os demais, incluído o campión, teñen que xogar unha fase previa.
TrofeoEditar
O Trofeo Henri Delaunay, é chamado así en honra a Henri Delaunay, o primeiro secretario xeral da UEFA e ademais o creador da competición. Nunca puido chegar a presenzala xa que faleceu cinco anos antes de disputarse o primeiro torneo en 1960.
HistoriaEditar
En 1956 o traballo de base para a celebración do evento xa estaba en marcha. Así, dous anos despois, en 1958 comeza a primeira Eurocopa de Fútbol. O formato orixinal da competición consistía en varias rondas eliminatorias nas que as seleccións se enfrontaban en dous encontros, un na casa e o outro fóra. Esta era a norma excepto nas semifinais e final que se xogaban a partido único no país que era a sede do torneo.
Henri Delaunay comezou as súas tentativas de organizar este torneo ao redor de 1927. Tendo en conta os grandes esforzos que puxo na disputa do mesmo, a UEFA decidiu que o primeiro campionato se disputase en Francia. A copa aínda hoxe recibe o seu nome.
A primeira final foi en París onde a URSS derrotou na prórroga á escuadra de Iugoslavia. Ver Eurocopa de fútbol 1960.
A Eurocopa de fútbol 1964 foi a primeira en verse afectada por asuntos políticos, xa que Grecia rexeitou xogar contra Albania, pois estes dous países estaban a vivir unha guerra non declarada. As finais disputáronse en España, e a selección deste país rematou vencedora ó gañar por 2-1 á URSS
En 1968 trocou o formato da competición. Oito grupos de oito equipos xogaría uns contra os outros dúas veces, e os primeiros xogarían uns cuartos de final a dobre volta. As semifinais e final xogaríanse no país sede (Italia). Na final a selección italiana vencería a Iugoslavia na repetición do encontro por 2-0. O primeiro rematara 1-1 e daquela en caso de empate o encontro tíñase que xogar de novo.
En 1972 séguese a emprega-lo mesmo formato, sendo Bélxica a sede do torneo. A selección de Alemaña Occidental gañaría a final á URSS por 3-0.
A final de 1976 disputouse en Iugoslavia. Na final, Checoslovaquia fíxose coa vitoria nos penaltis fronte á Alemaña. O lanzamento decisivo realizouno Antonín Panenka disparando suavemente polo medio da portería. A este xeito de tira-los penaltis chámaselle dende entón Penalti estilo Panenka.
No ano 1980 a UEFA trocou o formato, clasificándose oito equipos para as finais. Estes dividiranse en dous grupos de catro, que se enfrontarán entre si unha soa vez. Os campións de cada grupo serán os finalistas. Alemaña enfrontouse a Bélxica na final, a quen venceu 2-1 con dous goles de Horst Hrubesch.
En 1984 empregouse o mesmo sistema, mais esta vez os dous primeiros de cada un dos grupos pasaría a semifinais. A Francia venceu a España por 2-0 con goles de Michel Platini e Bruno Bellone. O gardametas vasco Luis Miguel Arconada foi nomeado mellor porteiro do torneo, a pesar de que un error seu lle custou un gol a España na final.
A Eurocopa de Fútbol 1988 celebrouse en Alemaña Occidental, e seguiuse a emprega-lo modelo da Eurocopa anterior. A Holanda fíxose co título vencendo na final á URSS por 2-0.
A Eurocopa de Fútbol 1992 disputouse en Suecia nun tempo de trocos políticos no panorama europeo. Alemaña unida disputa por vez primeira unha eurocopa, e tamén o fai a Comunidade de Estados Independentes, resultado da ruptura da URSS. Iugoslavia clasificouse para as finais, pero foron excluídos pola Guerra dos Balcáns. Dinamarca xogou no seu lugar e sorprendentemente quedaron campións, vencendo á Alemaña por 2-0 na final.
Coa ruptura da URSS tódolos países que a conformaban queríanse presentar por separado. Isto provocou a aparición de novas escuadras e a competición tívose que axustar. O número de equipos participantes pasaron a ser dezaseis, situados en catro grupos de catro, pasando os dous primeiros a cuartos de final.
Así, na Eurocopa de Fútbol 1996 disputada en Inglaterra presentáronse 16 equipos. Alemaña vencería por 2-1 á República Checa grazas a un Gol de Ouro de Oliver Bierhoff
Bélxica e Países Baixos foron os primeiros países en comparti-la organización do evento no 2000. Francia alzouse coa vitoria cun Gol de Ouro de David Trezeguet.
Na Eurocopa de Fútbol 2004 empregouse por vez primeira o Gol de Prata, substituíndo ao Gol de Ouro anterior. Desta volta Grecia venceu a Portugal.
Nas edicións de 2008 en Austria-Suíza e 2012 en Ucraína-Polonia resultou vencedora a selección española, derrotando na final da primeira delas a Alemaña por 1-0; e na segunda final a Italia por 4-0, sendo esta última final a do resultado máis avultado de todas as disputadas. Con estes dous títulos, a selección española convértese na primeira en acadar dous triunfos consecutivos, amais de permitirlle igualar á selección alemá en ser as seleccións con máis títulos (3).
FuturoEditar
A máis recente novidade é permitir que dous países actúen coma sedes da mesma competición. Bélxica e a Holanda foron os primeiros en compartir sede no 2000. No 2008 Austria e Suíza tamén compartiron a organización. Fálase tamén da ampliación a 24 equipos tendo en conta que trala disolución da URSS e Iugoslavia o número de países participantes aumentou notablemente.
FormatoEditar
Roldas ClasificatoriasEditar
Para chegar á fase final da Eurocopa unha escuadra ten que rematar coma campión ou subcampión do seu respectivo grupo de clasificación, coa excepción dos países sedes do torneo que se clasifican automaticamente. Estes encontros comezan en outono xusto despois de disputarse o Mundial.
Os grupos son elixidos pola UEFA nun sorteo con cabezas de serie, de tal xeito que as escuadras consideradas máis fortes non se enfronten entre si nesta fase. Á hora de facer a lista de equipos máis poderosos tense en conta:
- O coeficiente dos encontros xogados na última fase de clasificación.
- A diferenza de goles anotados e encaixados.
- Maior número de goles anotados.
- Maior número de goles anotados fóra de casa.
O resultado final son sete grupos nos que se disputa unha liga a dobre volta, con 3 puntos por vitoria, 1 por empate e 0 por derrota. En caso de empate entre dous ou máis equipos séguese este criterio:
- Maior número de puntos nos encontros entre os equipos en cuestión.
- Maior diferenza de goles nos encontros entre os equipos en cuestión.
- Máis goles anotados nos encontros contra os equipos en cuestión.
- Máis goles anotados xogando fóra da casa nos encontros entre os equipos en cuestión.
- Resultados dos encontros de tódolos grupos:
- Maior diferenza de goles.
- Máis goles anotados.
- Máis goles anotados fóra de casa.
- Mellor conduta deportiva.
Fase FinalEditar
Dezaseis escuadras chegan ata a fase final, para o torneo do 2008 serán os campións e subcampións dos sete grupos de clasificación. A estes engádense os dous organizadores, Austria e Suíza. Estes dezaseis equipos son divididos en catro grupos, (A,B,C,D). Estes escólleos a UEFA mediante un sorteo preparado para que non se xunten os cabezas de serie.
Os catro grupos xogan unha liguiña onde cada escuadra se enfronta a cada rival unha soa vez. A vitoria vale 3 puntos, o empate 1 e a derrota 0. O campión e subcampión de cada grupo pasa a cuartos de final. A partir de aí xógase a eliminatoria a partido único. Se ao remate dalgún encontro hai empate, xogarase un tempo extra de trinta minutos. Se aínda persiste, disputarase unha rolda de penaltis.
ResultadosEditar
Vitorias totaisEditar
Dende que a Unión Soviética inagurara o palmarés do torneo, só Alemaña e España con 3 títulos, e Francia con 2, venceron en máis dunha ocasión.
PalmarésEditar
Equipo | Títulos | Subcampións | 3º Posto | Semifinalistas | 4º Posto |
---|---|---|---|---|---|
Alemaña1 | 3 (1972, 1980, 1996) | 3 (1976, 1992, 2008) | - | 3 (1988, 2012, 2016) | - |
España | 3 (1964, 2008, 2012) | 1 (1984) | - | - | - |
Francia | 2 (1984, 2000) | 1 (2016) | - | 1 (1996) | 1 (1972) |
Rusia2 | 1 (1960) | 3 (1964, 1972, 1988) | - | 1 (2008) | 1 (1968) |
Italia | 1 (1968) | 2 (2000, 2012) | - | 1 (1988) | 1 (1980) |
Portugal | 1 (2016) | 1 (2004) | - | 3 (1984, 2000, 2012) | - |
República Checa3 | 1 (1976) | 1 (1996) | 2 (1960, 1980) | 1 (2004) | - |
Países Baixos | 1 (1988) | - | 1 (1976) | 3 (1992, 2000, 2004) | - |
Dinamarca | 1 (1992) | - | - | 1 (1984) | 1 (1964) |
Grecia | 1 (2004) | - | - | - | - |
Serbia4 | - | 2 (1960, 1968) | - | - | 1 (1976) |
Bélxica | - | 1 (1980) | 1 (1972) | - | - |
Inglaterra | - | - | 1 (1968) | 1 (1996) | - |
Hungría | - | - | 1 (1964) | - | 1 (1972) |
Suecia | - | - | - | 1 (1992) | - |
Turquía | - | - | - | 1 (2008) | - |
Gales | - | - | - | 1 (2016) | - |
- Inclúe os datos da selección de: 1. Alemaña Federal, 2. Unión Soviética e CEI, 3. Checoslovaquia, 4. Iugoslavia e Serbia e Montenegro.
SedesEditar
Sede | País | Ano(s) |
---|---|---|
3 veces | Francia | 1960, 1984, 2016 |
2 veces | Bélxica | 1972, 2000 |
2 veces | Italia | 1968, 1980 |
1 vez | Alemaña Federal | 1988 |
1 vez | Austria | 2008 |
1 vez | España | 1964 |
1 vez | Inglaterra | 1996 |
1 vez | Iugoslavia | 1976 |
1 vez | Países Baixos | 2000 |
1 vez | Polonia | 2012 |
1 vez | Portugal | 2004 |
1 vez | Suecia | 1992 |
1 vez | Suíza | 2008 |
1 vez | Ucraína | 2012 |
- Bélxica e os Países Baixos compartiron a organización da Eurocopa 2000
- Austria e Suíza compartiron a organización da Eurocopa 2008
- Polonia e Ucraína compartiron a organización da Eurocopa 2012
Aparicións nas Fases FinaisEditar
NotasEditar
- ↑ Incluíndo cinco aparicións coma Alemaña Occidental.
- ↑ Incluíndo unha aparición coma Comunidade de Estados Independentes en 1992.
- ↑ Inclue a clasificacción para 1992 e posterior descualificación polas sancións internacionais debido á Guerra dos Balcáns
- ↑ O pais chamouse República Federal de Iugoslavia no 2000.
Véxase taménEditar
OUtros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eurocopa de Fútbol |