Eumedonia eumedon

especie de insecto

Eumedonia eumedon (sin. Aricia eumedon) é unha bolboreta da familia Lycaenidae, subfamilia Polyommatinae e tribo dos Polyommatini (Esper, 1780).

Distribución

editar

Atópase distribuída na zona paleártica.

Descrición

editar

É unha pequena bolboreta que ten dimorfismo sexual: a parte superior do macho é de cor gris máis ou menos escura cunha franxa branca; a da femia é de cor marrón con algunhas manchas de cor laranxa submarxinais nas ás posteriores tamén cunha franxa branca. O reverso é de cor beige cun negrón difuso decorado cunha liña submarxinal de puntos amarelos alaranxados aliñados cunha fila de puntos negros rodeados de branco.

Ten unha envergadura alar de 26-30 mm. Os adultos voan de maio a agosto, dependendo da localización.

As eirugas aliméntanse de especies de Geranium e Erodium.

Taxonomía

editar

Esta bolboreta foi incluída nos xéneros Plebejus, Plebeius, Polyommatus e Aricia, pero os estudos moleculares recentes demostraron que Eumedonia é un xénero válido, diferente aos anteriores xéneros mencionados.[1][2]

Sinónimos

editar
  • Aricia eumedon (Esper, 1780)
  • Plebeius eumedon (Esper, 1780)
  • Plebejus eumedon (Esper, 1780)
  • Papilio chiron (Rottemburg, 1775)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar