Euloxia

Euloxia provén do grego ευλογία, "unha bendición". Dise dos obxectos bendicidos. Nos escritos de Cirilo de Alexandría refírese ao pan e mais ao viño. Exeria, a viaxeira galega sinala[1] "dignáronse ademais darme, a min e aos que ían comigo, euloxias, como os monxes acostuman dar, pero só aos que reciben con gusto nos seus eremitorios" nun comentario que fai na súa visita á localidade de Charrán, no límite oriental do Imperio romano. Ó longo do Itinerario de Exeria, ela conta que as euloxias en ocasións eran un froito do lugar, unha vasilla de aceite para a lámpada ou calquera obxecto entregado no momento da despedida para lembrar os momentos vividos.[2]

Euloxia de terracota, no museo do Louvre
Euloxia de terracota, no museo do Louvre

Referencias ao termoEditar

  • Paulo de Tarso (1 Cor. 10,16): "to poterion tes eulogias ho eulogoumen".
  • Agostiño de Hipona (De pecat. Merit., II, 26): "Quod acceperunt catechumeni, quamvis non sit corpus Christi, sanctum tamen est, et sanctius quam cibi quibus alimur, quoniam sacramentum est" (O que os catecúmenos reciben, aínda que non é o Corpo de Cristo, é santo, ---máis santo, de feito, que a nosa alimentación habitual, xa que é un sacramentum).
  • Na Regra Beneditina prohíbeselles aos monxes recibir "litteras, eulogias, vel quaelibet munuscula" sen permiso do abade. Indicando que non podían recibir agasallos.
  • Itinerarium Peregrinatio - Capítulo III: "Iam ut exiremus de ecclesia, dederunt nobis presbyteri loci ipsius eulogias, id est de pomis quae in ipso monte nascuntur". (Xusto cando estabamos a piques de saír da igrexa, os curas do lugar déronnos euloxias, é dicir, mazás das que medran no propio monte.)

NotasEditar

  1. Arce, Agustín (1996).: Itinerario de la virgen Egeria. Bilioteca de autores cristianos. Madrid.
  2. Pascual, Carlos (2017). Viaje de Egeria : el primer relato de una viajera hispana (3ª ed.). [Madrid]: La Línea del Horizonte. ISBN 978-84-15958-63-5. OCLC 1011340547. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Barnes, Arthur. "Eulogia". The Catholic Encyclopedia. Vol. 5. Nova York: Robert Appleton Company, 1909. 24 Mar. 2012. http://www.newadvent.org/cathen/05603b.htm
  • Arce, Agustín (1996): Itinerario de la virgen Egeria. Bilioteca de autores cristianos. Madrid.
  • Novoa Portela, Feliciano (coord.) (2003): De Fisterra a Xerusalén. Exeria e os primeiros peregrinos cristiáns. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.