Eulalia de Prada
funcionaria exiliada española
Eulalia de Prada Canelas, nada no barrio de Chamberí (Madrid) o 13 de marzo de 1908 e finada en Vigo o 31 de xaneiro de 1989,[1] foi unha funcionaria exiliada española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1908 Chamberí, España |
Morte | 31 de xaneiro de 1989 (80 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | funcionaria pública |
Familia | |
Cónxuxe | Laxeiro |
Traxectoria
editarFoi a primeira muller funcionaría dun ministerio en España, pois traballou no Ministerio de Agricultura e Fomento entre 1936 e 1939. Represaliada polo franquismo, exiliouse na Arxentina ao finalizar a guerra civil. Militou no Partido Comunista de España. En Buenos Aires converteuse nunha empresaria téxtil e impulsou actividades culturais. En 1951 coñeceu a Laxeiro, acabado de chegar a Buenos Aires, de quen non se separou. Regresaron a España en 1970, instalándose en Madrid. Visitaban Vigo, cidade na que se instalaron cando se agravou a súa enfermidade.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 1-2-1989, p. 68